jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO - 23-04-2020

Ola a todos! Agardo que todo vaia indo o mellor posible. Hoxe vou facer algunhas indicacións sobre o día tan especial dedicado a eses amigos únicos e marabillosos como son os libros.

Recomendo que visitedes a páxina web do noso colexio, navegade por ela, alí atoparedes contidos sobre a semana de actividades propostas para conmemorar o Día do Libro.

Coas vosas fillas e cos vosos fillos podedes indagar por que precisamente o día do libro cadra sempre no 23 de abril, cal é a razón?

Quería propoñeros un achegamento a un libro moi coñecido de Miguel de Cervantes Saavedra, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, tamén coñecido como El Quijote.



É un libro para achegarse a él en distintas etapas da vida, a un neno e a un mociño non podes dicirlle que lea o Quixote completo, é unha barbaridade xa que é un libro moi complexo, moi rico e unha persoa moi nova non é capaz de sacarlle todo o zume da riqueza que encerra tan monumental obra.

No Quixote hai un vocabulario moi rico e amplo, con moitos refráns (a maioría deles en boca de Sancho Panza, que representa a realidade fronte ao idealismo de don Quixote), moitas fraxes inxeñosas, moitos xiros idiomáticos, variedade conceptual, alusións ao mundo clásico, á literatura; unha obra moi completa a que hai que achegarse pouco a pouco e en distintos momentos da vida dunha persoa.

Pero, si podemos facer unha primeira aproximación coas nosas crianzas, lendo fragmentos debidamente escollidos.

Aí van algúns:

Por exemplo, o primeiro capítulo onde se describe onde vive e como é o fidalgo pobre, don Quixote. Todos recordamos o comezo da obra, con fondo significado e que se utiliza a xeito de pequeno refrán ou máxima, dirixido con sorna a certos lugares:

"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme..."  

Tamén podemos ler coas nenas e cos nenos o capítulo no que don Quixote confunde aos muíños de vento con ameazadores xigantes.

Ou outro que é moi divertido, o episodio no que D. Quixote é investido como cabaleiro andante, localizado nunha venta, que D. Quixote cre un castelo onde "vela armas" antes de saír de aventuras para "desfacer entuertos".

Investigade coas vosas fillas e cos vosos fillos sobre a tortuosa biografía de Cervantes e pescudade sobre o seu famoso libro, considerado unha das xoias da litertura mundial de todos os tempos, un clásico.

Desfrutade do Día do Libro, achegándovos a Cervantes e ao Quixote.



Ánimo e sorte! 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario