miércoles, 15 de mayo de 2013

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA: "HOUBO NUN TEMPO..."


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTÁN DEDICADAS AO DRAMATURGO, ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DESENVOLVÉRONSE VARIAS ACTIVIDADES NO NOSO COLEXIO. LOGO DUNHAS ACTIVIDADES SOBRE A NOSA POETISA, ROSALÍA DE CASTRO, XURDEU UNHA EXPOSICIÓN DE MATERIAIS E OBXECTOS ANTIGOS, QUE ESTÁ MOI INTERESANTE.

PODEDES VISITAR ESTA EXPOSICIÓN EN FAMILIA. ESTÁ SITUADA NA PRIMEIRA PLANTA. E NO SEGUINTE HORARIO:

OS MARTES DE 16:30 H. A 17:30 H.




PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NO 150 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE “CANTARES GALEGOS”
O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, por iso dende o equipo de biblioteca propúsoxe traballar sobre esta autora e a súa obra. O proxecto inicióuse partindo dun dos seus poemas máis coñecidos: “Adios ríos; adios fontes”
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Utilizando a biblioteca como lugar de investigación e aproveitando os recursos dos que dispón: enciclopedias, libros escritos pola autora, libros de biografías e de historia e as novas tecnoloxías; afondamos na biografía e obra da autora universal. Partimos dunhas cuestións claves ás que cumpría darlles resposta: que queremos? que queremos saber? que aprendemos coas nosas investigacións? E onde atopamos a información?
Os traballos de investigación de cada  clase quedaron recollidos en murais que se colocaron en distintos corredores-
O día 22 de marzo reunímonos todos, profes e alumnos, para agasallarnos coa interpretación de poemas musicados da autora.
Ademais sentímonos interesados pola época histórica na que viviu Rosalía e decidimos ampliar este proxecto  investigando cómo era a vida nesa época.
Esto levóunos a organizar unha exposición de obxectos antigos, que foi posible gracias á colaboración da comunidade educativa. A exposición atópase no primeiro andar co título “HOUBO NUN TEMPO…” Está aberta á visita das familias os martes, de 16:30 a 17:30.

O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO. 

 
 

miércoles, 8 de mayo de 2013

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2013-2014













TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS E NON FOI PRECISO RECURRIR Á BAREMACIÓN.

Do 20 ao 30 de xuño de 2013 será o período destinado á matrícula, atenderase en horario de 12:30 h. a 13:45 h.

NAS IMAXES DESTA ENTRADA ESTÁN A COPIA DAS LISTAS DO ALUMNADO ADMITIDO.