lunes, 17 de diciembre de 2012

ESCOLA DE PAIS E NAIS: INFANCIA E TIC (III)




ESPECIALMENTE PARA PAIS E NAIS:

- Navegar xunta os fillos / compartir o ordenador

- Que os fillos/as vexan con normalidade que os pais e nais supervisen o ordenador

- Non conectar a WEBCAM en lugares comúns e nunca no cuarto do menor

- Establecer reglas sobre o uso do ordenador

- Facer comprobacións periódicas

- Controlar as facturas de teléfono e establecer un orzamento

- Para nenas e nenos de corta idade instalar filtros de seguridade




DELITOS INFORMÁTICOS:

“Os actos dirixidos contra a confidencialidade, a integridade e a dispoñibilidade dos sistemas informativos, as súas redes e datos”.

CARACTERÍSTICAS:

- Rapidez no tempo e no espazo

- Facilidade para encubrir o feito

- Facilidade para borrar as probas

É un instrumento axeitado para a realización dunha estafa. Tamén para ter como obxectivo ou fin o roubar datos.

- Delitos contra a intimidade e a protección de datos

- Estafas e roubos de datos bancarios

- Delitos contra a intimidade e descubrimento e revelación de secretos

- Atentados contra o dereito á propia imaxe

DELITOS SEXUAIS:

- Atentado á liberdade sexual

- Abusos e agresións a menores de 13 anos

- Child Grooming (acoso a nenos/as)

- Pornografía infantil

DELITOS CONTRA A PROPIEDADE:

- Contra o patrimonio

- Contra a propiedade intelectual e industrial

- Estafas e falsedades. Hai que ter especial coidado coas compras on line

- E cos casos de phishing: clonar e falsificar páxinas WEB.

FALTAS:

- Ameazas

- Coaccións

- Inxurias

- Calumnias

Tamén se poden producir usurpacións do estado civil e usurpación de funcións.

O poñente realiza interesantes comentarios sobre as consecuencias penais e punitivas, así como das responsabilidades penais e civís que se derivan do uso inapropiado dos ordenadores e das redes informáticas.

RECOMENDA UN USO PRUDENTE, RESPONSABLE E INTELIXENTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E DE INTERNET.
EN CASO DE DUBIDA PEDIR AXUDA
  

091 

E ata aquí os apuntamentos desta interesante Escola de Pais e Nais. Quedouse en que para o segundo trimestre o Sr. Vila manteña un encontro formativo e informativo sobre estes temas co alumnado de 6º de Educación Primaria.








jueves, 15 de noviembre de 2012

ESCOLA DE PAIS E NAIS: INFANCIA E TIC (II)



PAUTAS DE ACTUACIÓN

-        Non enviar fotos persoais nin de amigos, nin datos persoais

-        Controlar a lista de contactos, non se deben facilitar as claves a ninguén, nin guardalas no disco duro

-        Non entrar en páxinas dudosas. As que comezan por http:// e https:// soen ser fiables.

-        Cuidado cos sistemas WIFI

-        Coidado cos amigos que se fagan en Internet

-        Non crer en todo o que te atopes en Internet

-        Se algo che fai estar incómodo, toma precaucións ou desconéctate


USO E ABUSO DE INTERNET

      - Non facilitar a ninguén o nº da tarxeta de crédito nin os datos bancarios a través       de Internet

      - Contas e contraseñas secretas longas, formadas por letras, números, símbolos

-        Non conectar a WEBCAM, salvo con persoas de confianza

-        Non abrir nin contestar correos electrónicos nin ficheiros que che envíen persoas descoñecidas

-        Ollo coas ventas por Internet, navegar por páxinas fiables e de confianza

-        Coidado coas descargas na rede

-        Non descargar para vender

-        Evitar actos delictivos, non calumniar

-        Non facer caso de ameazas falsas de multas da policía, son estafas. A policía non sanciona vía on-line

-        Procurarse un bo sistema de antivirus e cortalumes

miércoles, 7 de noviembre de 2012

ESCOLA DE PAIS: NENOS/AS E TIC (I)



Ás 18:30 h. do martes 30 de outubro de 2012, o director do noso centro, Argimiro Serén Mera, inaugura esta nova Escola de Pais e Nais do presente curso 2012-2013 e presenta ao coordinador da mesma, o subinspector de Policía da Comisaría da Policía Nacional na nosa cidade, D. Martín A. Vila López, quen tratará sobre o seguinte tema:

Os nosos nenos e as nosas nenas diante das novas tecnoloxías

Imos reflectir o contido desta sesión a través da toma de apuntamentos e que se ofrecen como información e con carácter formativo.

En primeiro lugar felicita aos presentes por ser pais e nais nuns tempos nos que é difícil exercer como pais e nais responsables.

Proxéctase um vídeo sobre o uso de Internet para chatear e os perigos e circunstancias que se poden presentar neste acto. O vídeo describe o proceso do chateo on line e todo co que nos podemos atopar nun acto de comunicación aparentemente tan inocente como semella ser chatear.

Hai que ter moito coidado co uso da WEBCAM (cámara dixital acoplada ao ordenador) e nunca facilitar datos persoais: enderezo postal, teléfono, e-mail e xa non digamos datos bancarios como números de contas  e de tarxetas.

Hai que evitar o acoso por Internet, nestes casos o mellor é desconectarse para evitar males maiores.

RISCOS EN INTERNET E DELITOS INFORMÁTICOS

Internet significa Rede Internacional e segundo J. SUFUENTES significa la chispa que da la vida a la informática.

Trátase dun potente conxunto de redes. Fai unha breve historia de Internet e constata que no ano 2008 había 63.000 millóns de páxinas WEB.

Por exemplo, cando se envía un simple correo electrónico  poden entrar en concorrencia alomenos 4 empresas, dúas de telefonía e dúas empresas de dominios. Cos intereses e condicionantes que esto supón.

Tamén se precisa que todo o que se envía pola rede deixa pegada, por eso hai que ter moito coidado co que se colga na rede.

Riscos nas páxinas WEB poden ser:

- Contidos ilegais
- Roubo de datos
- Datos perxudiciais para a nosa persoa

Hai que tomar precaucións coa nosa utilización das redes sociais, foros, chats, blogs,...
co fin de evitar cometer delitos e de ser enganados e estafados, pois a mentira reina na rede e danse moitas conductas insanas.

Bullying e ciberbullying fan alusión ao maltrato e acoso escolar. Hai que ter coidado co uso dos teléfonos móbiles intelixentes. Tamén que hai que estar vixiantes aos casos de pederastia por medio da rede o que se denomina Grooming e tamén Child Grooming.

FACTORES DE RISCO EN INTERNET

Por ser un sistema:

Ø   Mundial
Ø   Novo
Ø   En plena expansión
Ø   Moi utilizado pola xuventude – xeración.net
Ø   Favorece o anonimato, a mentira e o engano
Ø   Moi vulnerable (hackers, virus) hai que ter precaucións e non fiarse
Ø   Grávao todo, deixa pegadas


Ao ser mundial dificultade de persecución e seguimentos dos delitos porque cada país ten as súas lexislacións, os seus xuíces, os seus policías.

Contemplar a responsabilidade nas conexións, poden darse problemas a nivel de:

Ø   Intimidade das persoas
Ø   Protección de datos
Ø   Delito de revelación de secretos

É aconsellable vixiar a seguridade nos equipos, ao conectarnos a Internet abrimos a porta virtual da nosa casa. Ter o máximo respecto polos demais internautas, evitar difamacións e insultos.

jueves, 11 de octubre de 2012

ESCOLA DE PAIS E NAIS



O MARTES 30 DE OUTUBRO,
ÁS 18:30 H.
NOVA ESCOLA DE PAIS E NAIS.

UN ESPECIALISTA DA COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL DA NOSA CIDADE COORDINARÁ UNHA ESCOLA CO SEGUINTE TEMA:

OS NOSOS NENOS E AS NOSAS NENAS DIANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

VÉMONOS TODOS NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO PARA PARTICIPAR NUNHA NOVA ESCOLA DE PAIS E NAIS CUN TEMA DA MÁXIMA ACTUALIDADE E IMPORTANCIA.

viernes, 21 de septiembre de 2012

IMPORTANCIA DO DESCANSO E DO SONO



IMPORTANCIA DO DESCANSO PARA O RENDEMENTO ESCOLAR

               -   TODOS DEBEMOS TOMAR CON MÁIS CALMA A VIDA, PAUSAR OS RITMOS, HAI UN TEMPO PARA CADA COUSA.

                               -       DEBEMOS EVITAR AS SITUACIÓNS DE “STRESS”, LEVANDO UNHA VIDA SAUDABLE.

                                PROCURAR O OPTIMISMO E A LEDICIA. CONTENTÁNDOSE COAS COUSAS SINXELAS DA VIDA: O SORRISO, A AMABILIDADE, A ACEPTACIÓN DUN MESMO E DOS DEMAIS.

                              -     RESPECTAR AOS DEMAIS E TER UNHA ACTITUDE ÉTICA AXUDAN A VIVIR DUN XEITO MÁIS PLENO.

TODAS ESTAS ACTITUDES E POSTURAS DIANTE DA VIDA TRANSMITÍMOSLLAS Á INFANCIA CO NOSO EXEMPLO VITAL.

Os nenos e as nenas teñen que ter suficiente tempo para o xogo libre cos seus iguais, un tempo diario para o estudo e traballo académico persoal e sobre todo co fin de levar un estilo saudable de vida, debemos contemplar uns tempos e hábitos de descanso:

-       Despois da comida do mediodía ter entre 15’ ou 20’ de descanso. (Pequena siesta).

-       Acostarse a unha hora prudencial, sempre á mesma hora, durmir un mínimo de 8 horas diarias, algúns nenos e nenas precisan aínda máis.

-       Cear máis ben cedo e dúas horas antes de se acostar non se debe beber en exceso líquidos nin tomar alimentos nin bebidas excitantes. Procurar non facer actividades bruscas nin que alteren aos nenos/as.

-       Diante de trastornos do sono e do descanso acudir e consultar co pediatra.

O DESCANSO E UNHA VIDA TRANQUILA E EQUILIBRADA SON MOI NECESARIOS PARA PODER RENDIR NA ESCOLA.

martes, 11 de septiembre de 2012

sábado, 25 de agosto de 2012

AXUDAS MUNICIPAIS PARA INFANTIL

DO 1 AO 30 DE SETEMBRO PÓDENSE SOLICITAR AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR, DESTINADAS A EDUCACIÓN INFANTIL, NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

A CUANTÍA DA AXUDA PARA AS FAMILIAS NECESITADAS SERÁ DE 50 €.

A ENTREGA DA SOLICITUDE E DA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA EFECTUARASE NO REXISTRO DE ENTRADA DO CONCELLO NO PRAZO INDICADO.

miércoles, 15 de agosto de 2012

BECAS


No BOE do 9 de agosto convocadas as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2012-13.

A Xefatura Territorial enviou aos centros escolares as directrices da convocatoria  e documentación.

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES NO CENTRO ESCOLAR REMATA O 25 DE SETEMBRO.






miércoles, 1 de agosto de 2012

ESCOLAS DE PAIS E NAIS


As familias son un elemento esencial na escola; por eso, debe haber un contacto permanente e fluído entre o Colexio e a Casa.


 Tódolos cursos soe haber, alomenos, tres Escolas de Pais e Nais, unha por trimestre, a do terceiro correspóndelle coordinala á orientadora do Instituto, quen informa sobre A TRANSICIÓN DA PRIMARIA Á ESO. O INSTITUTO “FERMÍN BOUZA BREY”.

 No tempo da existencia do departamento, estas foron as temáticas tratadas nas múltiples escolas celebradas ata o de agora:

1.- 04/12/2000: A que xogan os nosos fillos? Por Xermán Torres, orientador.

2.- 07/02/2001: Como evita-las drogas? Por Ángeles Bravo, psicóloga do SPAD de Vilagarcía de Arousa.

3.- 14/03/2001: A violencia. Un enfoque educativo e social para a súa prevención. Por Delia González, educadora de familia do Concello de Vilagarcía de Arousa.

4.- 30/05/2001: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO? Que cambios se producen neles? Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

5.- 10/12/2001: A disciplina dende a perspectiva da intelixencia emocional (I). Por María Martínez Barcala, psicóloga.
6.- 25/02/2002: A disciplina dende a perspectiva da intelexencia emocional (II). Por María Martínez Barcala, psicóloga.

7.- 14/05/2002: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO. Que cambios se producen neles? Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora IES.

8.- 05/11/2002: O Sistema Educativo actual. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora IES “Fermín Bouza Brey”.

9.- 26/11/2002: No CEIP “A ESCARDIA”, organizada polo noso Dpto.: O Sistema Educativo actual e a motivación e a autoestima do alumnado. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

10.- 04/02/2003: A autoestima e a motivación do alumnado. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

11.- 11/03/2003: Na aula de informática do CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Os nenos e as nenas ante INTERNET. Por María Martínez Barcala, psicóloga.

12.- 12/03/2003: O mesmo tema e poñente na aula de informática do CEIP “A ESCARDIA”.

13.- 09/03/2004: Reunión cos pais e coas nais de Educación Infantil da Escola Ponte Coruxo-Cornazo. Por Mirella Cajaraville Dapena, mestra-directora da Escola Ponte, Delia González, educadora de familia do Concello de Vilagarcía e Germán Manuel Torres de Aboal, orientador.
14.- 27/04/2004: Promoción e Animación da lectura. Por Agustín Fernández Paz, escritor e profesor.

15.- 25/05/2004: No CEIP “A ESCARDIA”: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO. Información sobre o Instituto “Castro Alobre”. Por José Otero, orientador.

16.- 15/06/2004: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Información sobre o Sistema Educativo. Información sobre o Instituto. Por María del Carmen Ares Casal, orientadora.

17.- 21/12/2004: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Como estudiar na casa. Tarefas para levar á casa? Por Germán Manuel Torres de Aboal, orientador.

18.- 01/02/2005: O mesmo tema e o mesmo poñente no CEIP “A ESCARDIA”.

19.- 24/05/2005: No CEIP “A ESCARDIA”: Como son os mozos e as mozas que acceden á ESO. O IES “Castro Alobre”. Por José Otero, orientador do IES “Castro Alobre”.

20.- 31/05/2005: Características das ensinanzas da ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

21.- 05/12/2005: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Escola e familia. Por Carmelo Vidaurre, educador e psicólogo.

22.- 21/03/2006: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Prevención de drogodependencias. Por persoal do SPAD do Concello de Vilagarcía de Arousa.

23.- 18/04/2006: No CEIP “A ESCARDIA”: Mesmo tema e poñentes.

24.- 23/05/2006: Información sobre os Sistema Educativo e o IES. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

25.- 30/05/2006: No CEIP “A ESCARDIA”:  Como son os nosos fillos/as cando acceden á ESO. Información sobre o IES e o Sistema Educativo. Por José Otero, orientador.

26.- 14/11/2006: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Charla e presentación do libro: Sin drogas se vive mejor, de Carmelo Vidaurre, educador, psicólogo e escritor.

27.- 13/03/2007: A Igualdade. Por Julia Quintela, Ana Álvarez, Matilde Dieste, mestras responsables do Proxecto da Igualdade do CEIP “O PIÑEIRIÑO”, premiado polo Concello de Vilagarcía de Arousa, e Germán M. Torres, orientador.

28.- 27/05/2008: A Educación Secundaria Obrigatoria. O IES “Fermín Bouza Brey”, programas, horarios, oferta de estudos,... Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

29.- 19/05/2009: Mesmo tema e poñente.

30.- 15/03/2010: Alimentación saudable. Por Mª Elena Domínguez Rodríguez, coordinadora do FCT do Departamento de Sanidade do IES “Castro Alobre”.

31.- 10/06/2010: Paso da Primaria á ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora.

32.- 01/02/2011: A importancia da actividade física e deportiva na infancia. Por Julio Torrado Quintela, Dr. en Psicoloxía.

33.- 15/11/2011: A tal pai/nai, tal fillo/a. Predicar co exemplo. Por Xermán Torres, orientador.

34.- 20/12/2011: Información sobre os resultados da proba de diagnóstico – 2010/2011. Información sobre o CONTRATO-PROGRAMA e para formar os grupos de PROA. Por Román Tajuelo, xefe de estudos e coordinador de PROA e Xermán Torres, orientador.

35.- 13/01/2012: Descanso e sono na infancia, a súa repercusión no rendemento académico. Pola Dra. Mª Elena Domínguez Rodríguez, coordinadora do FCT do Dpto. de Sanidade do IES “Castro Alobre”.

36.- 12/06/2012: Paso da Primaria á ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora.

Libros, camiños e días dan ao home sabiduría.
                                               PROVERBIO ÁRABE


                                         CEIP “O PIÑEIRIÑO” – R/ Adolfo Pedrido Morla, 1
                                           36600 Vilagarcía de Arousa – Tlfno.: 986 50 43 66
                                           Fax.: 986 199 448












domingo, 29 de julio de 2012

AVISO


Diante da subida do IVE, para o vindeiro 1 de setembro de 2012, do material de uso escolar, que vai pasar do 4% ao 21%, sería recomendable adiantar a compra de dito material antes do aumento de dito imposto. Non obstante, sería axeitado consultar coas librerías e non mercar compulsiva e esaxeradamente.

A porcentaxe para libros escolares mantense no 4%

martes, 24 de julio de 2012

COMENZA UNHA ANDAINA

Co fin de ser un vehículo de comunicación e información coa comunidade educativa iniciamos esta bitácora do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do CEIP O PIÑEIRIÑO  de Vilagarcía de Arousa - Cód.: 36015652 - http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino



O Departamento de Orientación iniciou a súa andaina oficial o 1 de setembro de 2000, tivemos ao longo deste tempo, ademais do centro base, dous centros adscritos o CEIP A ESCARDIA e o CEIP ESCOLA PONTE DE XITANOS de Cornazo; pero eso xa é historia, hoxe o ámbito de actuación e o colexio público O PIÑEIRIÑO da capital arousana. Ademais das funcións típicas e ordinarias dun departamento de orientación creamos unha ESCOLA DE PAIS E NAIS, que leva bastantes anos en funcionamento, participamos activamente nun programa de ATENCIÓN Á LECTURA, que está integrado no CONTRATO-PROGRAMA, que o noso centro mantén coa CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA da XUNTA DE GALICIA, colaboramos moi estreitamente coa nosa BIBLIOTECA ESCOLAR, que está inmersa no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, dende o segundo ano de funcionamento de dito plan, en moitas actividades de promoción e dinamización lectora. Mantemos unha magnífica relación coa ANPA O PIÑEIRO do noso colexio, o curso pasado levamos adiante, colaborando cos pais e nais, unha interesante experiencia de contacontos para todo o noso alumnado. O vindeiro curso todo o colexio estará moi atarefado pola nosa entrada no Proxecto Abalar da nosa Consellería. Creamos unha gaceta informativa para contactar coas familias e co alumnado e que chamamos RECHOUCHÍOS.

O Xefe do Departamento foi durante máis dun lustro coordinador do SEMINARIO PERMANENTE dos Orientadores de Educación Infantil e Educación Primaria da zona educativa de Vilagarcía de Arousa, tamén formou parte do Consello Escolar do Concello de Vilagarcía de Arousa, e pertenceu a comisión sobre absentismo escolar, en novembro de 2010, participou na cidade de Sevilla no II CONGRESO SOBRE ÉXITO ESCOLAR E AUTONOMÍA DE CENTROS, organizado polo Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas.

Existe unha colaboración moi axeitada entre este Departamento e o Departamento de Orientación do IES "Fermín Bouza Brey" da nosa cidade e ao que estamos adcritos. Coordinada por ambos departamentos o noso alumnado de 6º de Educación Primaria fai unha visita informativa e formativa a dito instituto, xeralmente no 2º trimestre de cada ano académico. A orientadora do instituto coordina no noso centro unha escola de pais e nais, dirixida ás familias do alumnado de sexto curso de Primaria para informar sobre a transición da Primaria á ESO e ofrecer información sobre o instituto ao que se incorporarán unha grande maioría do alumnado. Nos últimos cursos acompaña á orientadora o director do instituto, o que coidamos é algo importante e que complementa a información que ofrece a orientadora. Ésta e a profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica do instituto manteñen reunións de coordinación co profesorado titor e co profesorado especialista de 6º de Primaria do noso colexio. A colaboración entre o colexio de Primaria e o instituto pensamos que é de vital importancia. Dende o departamento sempre traballamos pola coordinación, colaboración e intercambio de ideas entre o colexio e o instituto.

Os orientadores e orientadoras de Educación Infantil e de Educación Primaria dos colexios públicos de Vilagarcía de Arousa sempre estivemos moi unidos, traballando xuntos e aprendendo xuntos; así como intercambiando información e materiais, tamén se uníu ao grupo a orientadora de Colexio de Educación Especial, que coidamos de sumo interese. Por distintos motivos, ultimamente non tivemos a oportunidade de facer ese traballo conxunto que tan beneficioso é. A inspección e a Administración Educativa, como noutrora, debera facilitar e promover esta coordinación entre os orientadores/as da nosa zona educativa.

O Departamento ten colaborado en distintas cuestións coa Facultade de Psicoloxía da USC e coa Facultade de Educación do Campus de Ourense e Pontevedra da U-Vigo.

BENVIDOS TODOS A ESTA FIESTRA ABERTA Á ORIENTACIÓN EDUCATIVA.