Ás 18:30 h. do martes 30 de outubro de 2012, o director do noso centro,
Argimiro Serén Mera, inaugura esta nova Escola de Pais e Nais do presente curso
2012-2013 e presenta ao coordinador da mesma, o subinspector de Policía da
Comisaría da Policía Nacional na nosa cidade, D. Martín A. Vila López, quen
tratará sobre o seguinte tema:
Os
nosos nenos e as nosas nenas diante das novas tecnoloxías
Imos reflectir o contido desta
sesión a través da toma de apuntamentos e que se ofrecen como información e con
carácter formativo.
En
primeiro lugar felicita aos presentes por ser pais e nais nuns tempos nos que é
difícil exercer como pais e nais responsables.
Proxéctase
um vídeo sobre o uso de Internet para chatear e os perigos
e circunstancias que se poden presentar neste acto. O vídeo describe o proceso
do chateo on line e todo co que nos podemos
atopar nun acto de comunicación aparentemente
tan inocente como semella ser chatear.
Hai
que ter moito coidado co uso da WEBCAM (cámara
dixital acoplada ao ordenador) e nunca facilitar
datos persoais: enderezo postal, teléfono, e-mail
e xa non digamos datos bancarios como números de contas e de tarxetas.
Hai
que evitar o acoso por Internet, nestes casos o mellor é desconectarse para
evitar males maiores.
RISCOS
EN INTERNET E DELITOS INFORMÁTICOS
Internet
significa Rede Internacional e segundo J.
SUFUENTES significa la chispa que da la vida a la
informática.
Trátase
dun potente conxunto de redes. Fai unha breve historia de Internet e constata
que no ano 2008 había 63.000 millóns de páxinas WEB.
Por
exemplo, cando se envía un simple correo electrónico poden entrar en concorrencia alomenos 4
empresas, dúas de telefonía e dúas empresas de dominios.
Cos intereses e condicionantes que esto supón.
Tamén
se precisa que todo o que se envía pola rede deixa pegada, por eso hai que ter
moito coidado co que se colga na rede.
Riscos
nas páxinas WEB poden ser:
-
Contidos ilegais
-
Roubo de datos
-
Datos perxudiciais para a nosa persoa
Hai
que tomar precaucións coa nosa utilización das redes
sociais, foros, chats, blogs,...
co
fin de evitar cometer delitos e de ser enganados e estafados, pois a mentira
reina na rede e danse moitas conductas insanas.
Bullying e ciberbullying fan alusión ao
maltrato e acoso escolar. Hai que ter coidado co uso dos teléfonos móbiles
intelixentes. Tamén que hai que estar vixiantes aos casos de pederastia por
medio da rede o que se denomina Grooming e tamén
Child Grooming.
FACTORES
DE RISCO EN INTERNET
Por
ser un sistema:
Ø
Mundial
Ø
Novo
Ø
En plena expansión
Ø
Moi utilizado pola
xuventude – xeración.net
Ø
Favorece o
anonimato, a mentira e o engano
Ø
Moi vulnerable (hackers, virus) hai que
ter precaucións e non fiarse
Ø
Grávao todo, deixa
pegadas
Ao
ser mundial dificultade de persecución e seguimentos dos delitos porque cada
país ten as súas lexislacións, os seus xuíces, os seus policías.
Contemplar
a responsabilidade nas conexións, poden darse problemas a nivel de:
Ø
Intimidade das
persoas
Ø
Protección de datos
Ø
Delito de
revelación de secretos
É
aconsellable vixiar a seguridade nos equipos, ao conectarnos a Internet abrimos
a porta virtual da nosa casa. Ter o máximo respecto polos demais internautas,
evitar difamacións e insultos.