jueves, 11 de abril de 2024

Á NOSA AMADA GALICIA

Quero cantar con todos vós de novo GALICIA, o fermoso poema de Manuel María musicado polo lembrado músico galego Suso Vaamonde, o grande Suso! Tantas veces a cantei cos meus queridos e sempre lembrados ex-alumnos! Tantas veces a cantei no meu queridísimo colexio O Piñeiriño! Que fermosas e nostálxicas lembranzas! Cantémola outra vez, ve-la aí vos vai! Por todas as veces que a desfrutamos xuntos. Cantádea de novo comigo. Desfrutemos da nosa querida Galicia! Aí a tedes:

 

 


lunes, 25 de diciembre de 2023

MESTRE - EDUCADOR - EDUCACIÓN - INFANCIA

 Topei no taco-calendario do Corazón de Jesús na data do 15/12/2023, as seguintes máximas que quero compartir:

Un mestre é unha buxola que activa os imáns da curiosidade, do coñecemento e da sabiduría no seu alumnado. (Ever Garrisson)


A tarefa do educador moderno non é talar selvas, senón regar desertos. (C.S. Lewis)


Un sistema escolar que non teña aos pais como base é igual que un caldeiro cun burato no fondo. (Jesse Jackson)


Os prexuízos, é ben sabido, son máis difíciles de erradicar do corazón cuxo chan nunca foi afloxado ou abonado pola educación: crecen alí, firmes como malas herbas entre as pedras. (Charlotte Brontë)


A educación é unha cuestión de construción de pontes. (Ralph Ellison)


O ensino que deixa pegada non é o que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón. (Howard G. Hendricks)


En cuestións de cultura e de saber, só se perde o que se garda; só se gaña o que se da. (Antonio Machado)


E nestas Festas quero subliñar que na canción de J.L. Perales QUE CANTEN LOS NIÑOS eu destácoa como lembranza chea de dor, de impotencia e de xenreira por todas as crianzas víctimas de maltrato, de abusos e por todas as que perderon prematura e absurdamente as súas vidas en conflitos e en guerras sen sentido e promovidas por razóns económicas, xeopolíticas e xeoestratéxicas. Se verdadeiramente foramos SAPIENS en pleno século XXI, século da IA; pero, non da intelixencia humana, deberan ter fin todas as guerras, todas absurdas e sen sentido.

Por humanidade, que se poña fin a esta barbarie das guerras.

Por todas as nenas e por todos os nenos que nos cinco continentes son víctimas da violencia e da guerra.




E neste Nadal é preciso unha panxoliña solidaria, que pida unha trégua, o fin de todo conflito armado, como canta o grupo francés LES POPPYS:



FELICES FESTAS
E
VENTUREIRO ANINOVO 2024




domingo, 13 de agosto de 2023

NOVA ETAPA DESTE BLOG

Durante un tempo este blog serviume de comunicación coa comunidade educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO, onde exercín 31 anos da miña vida docente activa, 21 deles como orientador.Foi unha época inesquecible da miña vida, este colexio foi durante un tempo miña segunda casa, pertencín 17 anos o grupo directivo deste querido centro educativo. , Agora estou noutra situación, é pode que algunha vez aquí, expoña algún traballo ou opinión de carácter educativo. Estamos; pois, noutra fase da vida; pero nunca esquecerei ao meu querido e lembrado colexio O Piñeiriño, ás compañeiras e aos compañeiros, ao alumnado, ás familias. Un ata logo e os que queiran, tamén poderemos comunicarnos aquí. Apertas.

Xa vai moi avanzado o primeiro trimestre deste curso 2023/2024, que para a toda a comunidade educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO, sexa unha boa travesía cargada de suceso e positivismo.

Saúde, poesía e educación!

miércoles, 19 de agosto de 2020

ATA O 30 DE SETEMBRO SOLICITUDE BECAS ALUMNADO NEAE

 Para todos os interesados, ata o 30 de setembro de 2020 pódense solicitar as becas do Ministerio de Educación e FP para o alumnado con NEAE.

O Departamento de Orientación, como todos os cursos anteriores, prestara a súa axuda ás familias de dito alumnado que así o demanden.


Para comezar coa solicitude, pódese clicar aquí:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html



 

sábado, 4 de julio de 2020

PARABÉNS A LEIRE COSTAS GARCÍA

Pois recibiu un premio no concurso ATRÉVETE A TER UNHA IDEA.

O noso colexio participa no programa ATRÉVETE desde os seus inicios, colaborando co IES Fermín Bouza Brey e coa Federación de Empresarios de Arousa (FECA). O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está implicado nas actividades dese programa da Consellería de Educación, Universidade e FP e xa outras alumnas/os teñen recibido un premio na curta historia, por agora, dese programa para o coñecemento da Formación Profesional.

Noraboa a Leire polo seu traballo premiado: AUTOMÓBIL ACCIONADO ENERXÍA EÓLICA.

Tamén nosos parabéns a todo o alumnado de 6º de Educación Primaria que participou no dito concurso.

Agardamos seguir colaborando neste programa.

MOI BOAS VACACIÓNS!!! 

domingo, 21 de junio de 2020

FELICES VACACIÓNS! TEMPO PARA DESFRUTAR

Despois deste duro e atípico terceiro trimestre, veñen as vacacións, tempo para  o lecer, para gozar da familia e da Natureza.

Por favor, que as nosas crianzas desfruten moito xogando en contacto coa exhuberante natureza da Nosa Terra, ningunha nena e ningún neno sen xogar todos os días do verán. E que as nais e os pais se xunten aos xogos. Todos a xogar!

Mais tamén podemos facer estas tres cousas, como exemplo, da cantidade que se poden facer:

1.- Visitar as librerías, escoller un bo libro, e a gozar coa lectura un pouco cada día.

2.- Escoitar música. Se se pode e respectando as normas e disposicións ir a concertos e verbenas.

3.- Debuxar e colorear libremente,

E aínda máis, algo que a min me gustou desde pequeno, nas noites despexadas e estreladas, mirade ao alto, tratando de descubrir planetas e constelacións.

E quérovos ver a todos no cole en setembro!

Apertas agarimosas.




domingo, 10 de mayo de 2020

RECUPERACIÓN PROCESO DE MATRICULACIÓN

OLA, QUERIDAS FAMILIAS!!! AGARDO QUE O LEVEDES O MELLOR POSIBLE. ÁNIMOS PARA TODOS, XUNTOS PODEMOS!!!

- Tende optimismo

- Xogade e desfrutade coas vosas crianzas

- Facede exercicio físico, bailade e cantade

- Lograremos saír desta, venceremos nós!!!

A partires deste luns 11 e ata o luns 18 ábrese de novo o proceso de matrícula. O colexio permanecerá aberto para estos asuntos de 9:30 a 14:30 h. Haberá un directivo para atenderos.

Tomade medidas de autoprotección e de protección a saúde de todos importa, sede responsables.

Para o alumnado de 6º de Primaria que se dispón ao tránsito á secundaria, sería importante que conectárades coa web do Instituto Fermín Bouza Brey, noso instituto de referencia ao que estamos adscritos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbouzabrey/ 

E tamén é moi necesario que a cotío naveguedes pola web do noso colexio, na que atoparedes información de interese: