miércoles, 6 de septiembre de 2017

BECAS E AXUDAS - ALUMNADO CON NEAE-2017-2018

Xa está aberto o prazo para a solicitude de becas e axudas para o alumnado con necesidades educativas de apoio específico convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Podedes acceder por medio deste enlace:

https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html


O prazo vai de 13/08/2017 ao 28/09/2017.

O orientador do centro axudará no seu trámite a todas as familias que o necesiten e desexen, desde o día 11/09/2017 ata o remate do prazo, no seguinte horario de luns a venres de 12:30 h. a 14:00 h. 

 

martes, 21 de marzo de 2017

ESCOLA DE PAIS E NAIS - 28-03-2017; 17:00 H.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 ESCOLA DE PAIS E NAIS
COÑECER
O ASPERGER
María Martínez Barcala
PSICÓLOGA SANITARIA

SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 28 de marzo de 2017; 17:00 h.

martes, 14 de marzo de 2017

ALGUNHAS PAUTAS DE ACTUACIÓN

Aínda que son unhas sinxelas pautas baseadas no sentido común e na experiencia da vida, por se poden ser de utilidade e para refrescar un pouco as ideas, aí van unha pequenas propostas:



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Propostas de actuación para a vida cotiá



HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

  • Os nenos/as precisan orde e equilibrio nas súas vidas. Os adultos son o modelo no que se miran.
  • Respectar as horas de soño (8 h.). Ter unha hora fixa para ir a durmir e para levantarse. O cuarto debe asociarse co durmir, non debe ter distratores nel. O soño é moi necesario, é reparador e fonte de benestar.
  • Levar unha alimentación san e variada. Non tomar excitantes nin abusar dos alimentos doces.
  • 2 h. antes de durmir beber pouco.
  • Crear e manter hábitos de aseo e hixiene persoal. Importancia do coidado da boca, limpar ben os dentes. (Ir creando unha progresiva autonomía nestes temas).
  • Sería moi recomendable que a nena/o tivera a oportunidade cada día de relacionarse e xogar cos iguais fóra do horario escolar.

PAUTAS DE CONDUCTA

·         Ensinar aos nenos/as a respectar y practicar as normas de cortesía e de relación positiva, respectuosa e axeitada cos demais (Saúdos, pedir as cousas por favor, dar as gracias...)
·         Poñer límites, normas de conduta e comportamento claros para a nena/o e axeitadas e proporcionadas a súa idade.
·         Manter firmeza e coherencia no cumprimento das normas e das tarefas habituais da vida cotiá dun neno/a. Non cumprilas ten que ter unhas consecuencias.
·         É preferible resolver os conflitos de xeito pacífico e razoado. Escoitar e dialogar moito coa nena/o. (No caso de dificultades de conduta e comportamento, pactar un control, por exemplo por medio dun sistema de economía de fichas o doutros métodos, por exemplo).
·         Evitar que o neno/a saia sempre coa súa e se converta nun tirano caprichoso para o adulto. Recordemos esta sabia máxima: Ao neno se lle impón, ao mozo se lle propón e ao adulto se lle expón.
·         O neno é iso, un neno; por iso debe recibir todos os nosos coidados e atencións, pero hai que educalos axeitadamente, con firmeza, coherencia e bos exemplos para que gañen gradualmente autonomía.
·         Os pais e educadores deben evitar a pretensión de ser os colegas dos seus fillos, o son os seus compañeiros/as  e os nenos/as da súa idade. Os pais/nais e educadores deben manter unhas relacións positivas e actuar como pais/nais e educadores que son.

HÁBITOS DE TRABALLO E ESTUDO

  • Axeitándose a idade dos nenos/as, hai que acostumalos ben cedo a que axuden nas tarefas do fogar, que manteñan o seu cuarto limpo e ordenado. Que colaboren no fogar.
  • Interesarnos por as súas cousas, mesmo as do colexio. Participar nas actividades e na vida do centro educativo.
  • Asistencia puntual e nas debidas condicións ao centro escolar.
  • Na casa acostumalos a que fagan os seus deberes e que dediquen ao día un tempo para o traballo académico e de estudo persoal.
  • Fomentar o hábito diario da lectura.
  • Controlar e dosificar o emprego das TIC (tv, play, ordenador...)
  • O uso do móbil convén retrasalo o máis posible, tendo en conta as idades e educalos no seu bo uso, correcto e razoable. Sempre é mellor o contacto directo e frecuente cos iguais e coas persoas.
  • Axudalos a organizarse, levando unha axenda cos horarios e a planificación. Revisar con eles diariamente as mochilas, controlar o que levan (o que sexa razoable e necesario), axudarlles a preparalas e organizalas.
  • Estar atentos e manter o contacto na axenda escolar e a comunicación frecuente coa profesora/or titora/or.
  • Combinar a esixencia co amor, creemos seres verdadeiramente educados e autónomos, non inútiles mal consentidos.
  • A razón e o sentido común, así como o xusto medio e equilibrado das cousas é o máis doado. E sempre, sempre falar con eles e escoitalos, dialogar moito e dedicarlle tempo aos cativos/as.

Educade á infancia e evitaredes que os cárceres se enchan. (Concepción Arenal).

jueves, 26 de enero de 2017

ESCOLA DE NAIS E PAIS-31-01-2017-17:30 H.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESCOLA DE PAIS E NAIS
O ACOSO ESCOLAR
Xermán Manuel Torres
ORIENTADOR

SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 31 de xaneiro de 2017; 17:30 h.