jueves, 16 de octubre de 2014

NAVEGAR POR INTERNET CON SEGURIDADE

Imos facer unha versión ao galego dun artigo moi interesante aparecido no centenario taco de almanaque da Editorial Mensajero, correspondente á folla do 13/10/2014.

Internet debería ser unha actividade familiar, conxunta, colectiva. Nunca é bo deixar a un menor só manexando a rede de redes ou diante do televisor. Os medios de por si non son malos, o que é perxudicial é o mal uso. Todos os aparellos teñen un botón off / on, nós debemos ter o dominio sobre os medios tecnolóxicos, non deixarnos dominar por eles e vivir con novas escravitudes e dependencias.

Navegar por internet co seu fillo ou filla é unha experiencia interesante e divertida. Aproveite para ensinarlle ou orientarlle sobre o uso responsable e seguro da Rede. E que os nenos nos amosen as súas habilidades e destrezas na utilización das novas tecnoloxías. Moitos pais e nais somos da tecnoloxía pasada, a analóxica; eles son da tecnoloxía dixital. Por eso teñen máis avantaxes e nos poden ensinar. Debemos compartir os saberes.

Fixe regras claras sobre o uso de Internet na casa: tempos e momentos de conexión e de desconexión, como faría con calqueira outra actividade.

Ensine ao seu fillo que nunca debe divulgar información privada (nome, apelidos, idade, dirección, código postal, número de teléfono, número de tarxeta de crédito, etc.) entre persoas que teña coñecido en Internet.

Explíquelle que debe abandoar axiña as páxinas web nas que se sinta incómodo e violentado.

Ensínelle a distinguir entre páxinas web dos espacios publicitarios.

Advírtalle que non debe contestar mensaxes de descoñecidos, de contido molesto ou sospeitoso.

Indíquelle que nunca debe aceptar un encontro cunha persoa que teña coñecido en Internet e que debe avisar se alguén intenta organizar un encontro dese tipo.

Se detecta algunha páxina web nociva para menores, denúncieo inmediatamente ás autoridades competentes. (Por exemplo á Policía Nacional ou á Garda Civil).

APRENDER E TER EXPERIENCIAS ENTRE PAIS E FILLOS, CHEGA A SER ALGO INESQUECIBLE. CONVIVAMOS, RELACIONÉMONOS MAIS COS CATIVOS, TAMÉN GOCEMOS XUNTOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

miércoles, 1 de octubre de 2014

INFORMACIÓN CURSO 2014-2015







AGORA A PRINCIPIO DE CURSO, HAI QUE ESTAR ATENTOS ÁS CONVOCATORIAS DAS XUNTANZAS INICIAIS POR PARTE DOS MESTRES TITORES/AS. EN INTERESE DA EDUCACIÓN DOS NOSOS NENOS/AS DEBEMOS ASISTIR.

TODO O QUE SUCEDE NA ESCOLA É DO MÁXIMO INTERESE PARA AS FAMILIAS.