CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTÁN DEDICADAS AO DRAMATURGO, ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DESENVOLVÉRONSE VARIAS ACTIVIDADES NO NOSO COLEXIO. LOGO DUNHAS ACTIVIDADES SOBRE A NOSA POETISA, ROSALÍA DE CASTRO, XURDEU UNHA EXPOSICIÓN DE MATERIAIS E OBXECTOS ANTIGOS, QUE ESTÁ MOI INTERESANTE.
PODEDES VISITAR ESTA EXPOSICIÓN EN FAMILIA. ESTÁ SITUADA NA PRIMEIRA PLANTA. E NO SEGUINTE HORARIO:
OS MARTES DE 16:30 H. A 17:30 H.
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NO 150
ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE “CANTARES GALEGOS”
O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, por iso dende o equipo
de biblioteca propúsoxe traballar sobre esta autora e a súa obra. O proxecto inicióuse partindo dun dos
seus poemas máis coñecidos: “Adios ríos; adios fontes”
Adiós, ríos;
adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
…
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
…
Utilizando a biblioteca como lugar de
investigación e aproveitando os recursos dos que dispón: enciclopedias, libros
escritos pola autora, libros de biografías e de historia e as novas
tecnoloxías; afondamos na biografía e obra da autora universal. Partimos dunhas
cuestións claves ás que cumpría darlles resposta: que queremos? que queremos
saber? que aprendemos coas nosas investigacións? E onde atopamos a información?
Os traballos de investigación de cada
clase quedaron recollidos en murais que se
colocaron en distintos corredores-
O día 22 de marzo reunímonos todos,
profes e alumnos, para agasallarnos coa interpretación de poemas musicados da
autora.
Ademais sentímonos interesados pola
época histórica na que viviu Rosalía e decidimos ampliar este proxecto investigando cómo era a vida nesa época.
Esto levóunos a organizar unha exposición de obxectos antigos, que foi
posible gracias á colaboración da comunidade educativa. A exposición atópase no
primeiro andar co título “HOUBO NUN
TEMPO…” Está aberta á visita das familias os martes, de 16:30 a 17:30.
O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO.
O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario