domingo, 26 de enero de 2014

NOVAS ACTIVIDADES

O MARTES 28 ÁS 10:20 H., NO SALÓN DE ACTOS, E ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, REALIZARASE UNHA SESIÓN SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDIO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, DITA SESIÓN SERÁ IMPARTIDA POLA EX-ALUMNA: PAULA SERÉN REIJA, LICENCIADA EN DEREITO E NA ACTUALIDADE CURSANDO UN MÁSTER DA ESPECIALIDADE.

Realizada a sesión, foi moi satisfactoria, o alumnado comportouse moi ben e a ponente estivo magnífica. Agardamos que os alumnos e alumnas de 6º de Primaria aproveiten e poñan en práctica o exposto.

 



O MARTES 18 DE FEBREIRO, ÁS 17:30 H., TEREMOS UNHA NOVA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS, BAIXO O EPÍGRAFE:

AXUDAR Á ESCOLA

E DA QUE MÁIS ADIANTE DAREMOS MÁIS DETALLES, AGORA É PARA QUE FAGADES UN OCO NAS AXENDAS.

lunes, 13 de enero de 2014

PACIENCIA E BOS EXEMPLOS




Educar aos nosos nenos e nenas é unha tarefa apaixoante. Os nenos e nenas de hoxe serán os homes e as mulleres do mañá. Deles dependerá o futuro da Humanidade e o futuro do planeta e nós, como educadores, temos moito que ver con ese futuro. Agardemos que sexa un bo futuro. A infancia e a mocedade do hoxe son froito dos maiores do onte.
Aos nenos hai que amalos, valoralos, coñecelos, escoitalos; todo imprescindible para poder educalos.
Algo no que é preciso insistir, é que os nenos necesitan un tempo diario para xogar libremente cos seus iguais. Non lles roubemos o tempo de lecer e o tempo de xogo, son imprescindibles para medrar equilibradamente. O xogo é imprescindible e moi necesario para a educación harmónica e axeitada dos nenos, o xogo é algo natural e necesario nos nenos. Que xoguen cos seus iguais e coa mínima presencia dos adultos, hai excesiva presencia dos adultos na vida dos nenos, que precisan un tempo soltos para poder gozar dos iguais. Aí aprenderán a socializarse, a seguir as normas dos xogos, a autorregularizarse, o xogo libre cos iguais é enormemente educativo. Deixemos que se expandan que gocen da súa nenez. Un neno que xoga é un neno feliz.