martes, 18 de marzo de 2014

VISITA AO IES FERMÍN BOUZA BREY





HOXE, DE 12:00 H. A 14:00 H. O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ACOMPAÑADOS DOS SEUS MESTRES TITORES E DO ORIENTADOR DO CENTRO FIXERON UNHA VISITA FORMATIVA E INFORMATIVA AO NOSO INSTITUTO. ALÍ FOMOS RECIBIDOS POLO DIRECTOR, A VICEDIRECTORA E A ORIENTADORA, QUE MOI AMABLEMENTE NOS ILUSTRARON E OFRECERON INFORMACIÓN VALIOSA PARA O NOSO ALUMNADO, QUE NO VINDEIRO SETEMBRO, UNHA GRAN PARTE PASARÁ A SER O NOVO ALUMNADO DO INSTITUTO.
GRACIAS POLA AMABILIDADE E O TRATO RECIBIDO. O PRÓXIMO XUÑO, A ORIENTADORA E O DIRECTOR VISITARÁN O NOSO COLEXIO PARA TER UN ENCONTRO COS PAIS DO NOSO ALUMNADO E SEGUIR OFRECENDO INFORMACIÓN SOBRE O IES "FERMÍN BOUZA BREY".

viernes, 7 de marzo de 2014

RESERVA DE ADMISIÓN

DO 6 AO 20 DE MARZO, ÁMBALAS DÚAS DATAS INCLUSIVE, ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A RESERVA DE ADMISIÓN DE PRAZAS ESCOLARES PARA O CURSO 2014-2015 NO NOSO CENTRO.

RECOLLIDA DE IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN  NA SECRETARÍA DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 13:00 H. A 14:00 H. NESTE MESMO HORARIO PODEN FACERSE AS CONSULTAS PERTINENTES SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN.

lunes, 3 de marzo de 2014

A QUÉ XOGAS





AS COUSAS CLARAS E O CHOCOLATE ESPESO


Vivimos nun mundo de normas, calquera sociedade, club, partido político, confesión relixiosa, mesmo os xogos de cativos están cheos de normas; para poder desenvolverse, para xogar hai que coñecer e respectar as normas.

 Na educación da infancia, moitas veces, non sabemos introducir as regras de xogo, as pautas de comportamento que permitan unha convivencia axeitada. Todo neno prefire saber con precisión que se espera del, a qué xogamos. Os pais e os educadores teñen a responsabilidade de proporcionarlle referencias claras. Por que ten que haber regras? Porque vivimos xuntos, formando sociedade. E as normas axudan a vivir, a regular a sociedade con xustiza, procurando tratar a todos con equidade; sendo todos distintos, pero cos mesmos, dereitos, con igualdade de trato. Por que ten que haber regras para o neno? Porque hai que habitualo a vivir en sociedade e que teña habilidades sociais para poder desenvolverse na vida. O feito de facilitarlle un mínimo marco normativo, favorece nel un sentimento de seguridade, unhas referencias para poder actuar en consecuencia. Eso simplifica o seu mundo, facilítalle a vida. O neno que non sinte certos límites vive sumido na confusión. O neno quere que os seus pais actúen como tales e que os mestres sexan mestres; os colegas, os compañeiros son os nenos da súa idade.

 Se as normas son claras e precisas e son coherentes e fáciles de comprender. Se hai poucas regras e resulta fácil cumprilas, o neno pode asumilas perfectamente e está gustoso e seguro. Pero se hai unha proliferación delas, son confusas, son unha pesada carga, córrese o risco de que os nenos non as poidan asumir. É peor un adulto que deixa facer todo, que tanto lle da; o que se chama “laissez-faire”, o que crea un balbordo, unha confusión, unha inestabilidade. Que aquel adulto que pacta co neno un mínimo de normas reguladoras que ofrecen seguridade e serven de guía. Poucas normas, pero claras, que todos saibamos ao que xogamos. Os nenos precisan equilibrio, harmonía; os adultos temos que darlle seguridade, ser uns referentes, un faro, unha buxola que indique con nitidez o norte.

Rematamos cunha expresión que escoitamos moitas veces a un gran amigo e educador:

Ao neno se lle impón, a un mozo se lle propón e a un adulto se lle expón.

Malo cun adulto que di que non sabe que facer co seu fillo, e que este se converte nun tirano. É que ao mellor non soubo poñer límites cando debía.

Nas clases é bo coxestionar a disciplina, que os nenos co profesor pacten e dicten unhas mínimas normas de clase e que as fagan cumprir. Todo así será máis doado.