lunes, 25 de diciembre de 2023

MESTRE - EDUCADOR - EDUCACIÓN - INFANCIA

 Topei no taco-calendario do Corazón de Jesús na data do 15/12/2023, as seguintes máximas que quero compartir:

Un mestre é unha buxola que activa os imáns da curiosidade, do coñecemento e da sabiduría no seu alumnado. (Ever Garrisson)


A tarefa do educador moderno non é talar selvas, senón regar desertos. (C.S. Lewis)


Un sistema escolar que non teña aos pais como base é igual que un caldeiro cun burato no fondo. (Jesse Jackson)


Os prexuízos, é ben sabido, son máis difíciles de erradicar do corazón cuxo chan nunca foi afloxado ou abonado pola educación: crecen alí, firmes como malas herbas entre as pedras. (Charlotte Brontë)


A educación é unha cuestión de construción de pontes. (Ralph Ellison)


O ensino que deixa pegada non é o que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón. (Howard G. Hendricks)


En cuestións de cultura e de saber, só se perde o que se garda; só se gaña o que se da. (Antonio Machado)


E nestas Festas quero subliñar que na canción de J.L. Perales QUE CANTEN LOS NIÑOS eu destácoa como lembranza chea de dor, de impotencia e de xenreira por todas as crianzas víctimas de maltrato, de abusos e por todas as que perderon prematura e absurdamente as súas vidas en conflitos e en guerras sen sentido e promovidas por razóns económicas, xeopolíticas e xeoestratéxicas. Se verdadeiramente foramos SAPIENS en pleno século XXI, século da IA; pero, non da intelixencia humana, deberan ter fin todas as guerras, todas absurdas e sen sentido.

Por humanidade, que se poña fin a esta barbarie das guerras.

Por todas as nenas e por todos os nenos que nos cinco continentes son víctimas da violencia e da guerra.




E neste Nadal é preciso unha panxoliña solidaria, que pida unha trégua, o fin de todo conflito armado, como canta o grupo francés LES POPPYS:



FELICES FESTAS
E
VENTUREIRO ANINOVO 2024




domingo, 13 de agosto de 2023

NOVA ETAPA DESTE BLOG

Durante un tempo este blog serviume de comunicación coa comunidade educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO, onde exercín 31 anos da miña vida docente activa, 21 deles como orientador.Foi unha época inesquecible da miña vida, este colexio foi durante un tempo miña segunda casa, pertencín 17 anos o grupo directivo deste querido centro educativo. , Agora estou noutra situación, é pode que algunha vez aquí, expoña algún traballo ou opinión de carácter educativo. Estamos; pois, noutra fase da vida; pero nunca esquecerei ao meu querido e lembrado colexio O Piñeiriño, ás compañeiras e aos compañeiros, ao alumnado, ás familias. Un ata logo e os que queiran, tamén poderemos comunicarnos aquí. Apertas.

Xa vai moi avanzado o primeiro trimestre deste curso 2023/2024, que para a toda a comunidade educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO, sexa unha boa travesía cargada de suceso e positivismo.

Saúde, poesía e educación!