martes, 14 de junio de 2016

TITO PORTO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA


O pasado xoves, 9 de xuño de 2016, ás 12:50 h., o avó artista, o avó poeta, Tito Porto, o avó de honra do noso colexio, mantivo un encontro co alumnado de 3º de Educación Primaria, na sala de usos múltiples do colexio. Tito contou experiencias da súa vida, de cando el era neno, da escola do seu tempo... Logo recitou algúns dos seus poemas: Era o medo, Quixera ser un neno, A figuriña de barro (O tesouro),... E as nenas e os nenos interpretaron para el, O meu barco (acompañado con flautas doces por un grupiño de alumnos/as) e O caracol, ambos os dous poemas de Manuel María.

Tito aparte de agasallarnos coa súa presencia e co seu arte, unha vez máis, e agardamos moitas máis, tivo unha sorpresa para o alumnado: un balón do Real Madrid! (os poucos que eran do Barça protestaron, eso si moi cordial e pacificamente). 

Como sempre foi unha grata e agradable experiencia. E agradecemos a Tito a súa xentileza e as súas atencións cara o noso colexio, que sempre o recibe con ledicia e cos brazos abertos.

ATA OUTRA MILLORADA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario