viernes, 6 de junio de 2014

ESCOLA DE NAIS E PAIS: O IES F. BOUZA BREY - A ESO





O MARTES 17 DE XUÑO DE 2014, ÁS 18:30 H. E NO SALÓN DE ACTOS DO NOSO COLEXIO, CELEBRAREMOS UNHA ESCOLA DE PAIS E NAIS:

O director e a orientadora do IES "Fermín Bouza Brey", coordinarán esta Escola, dirixida especialmente ás familias do alumnado que este curso remata 6º de Educación Primaria, co seguinte tema:

TRANSICIÓN DA PRIMARIA Á ESO - O IES "FERMÍN BOUZA BREY".

Coidamos que se trata dun tema do máximo interese
para as familias dos alumnos e alumnas que rematan os seus estudos de Primaria e en setembro principiarán os estudos correspondentes á ESO.

Este ano ademais hai algunhas novedades co motivo de entrar en vigor a nova lei de educación, a LOMCE (2013).

Agardamos a presencia dos pais e nais do alumnado de 6º de Primaria.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario