AS COUSAS
CLARAS E O CHOCOLATE ESPESO
Vivimos nun mundo de normas, calquera sociedade,
club, partido político, confesión relixiosa, mesmo os xogos de cativos están cheos
de normas; para poder desenvolverse, para xogar hai que coñecer e respectar as
normas.
Na
educación da infancia, moitas veces, non sabemos introducir as regras de xogo,
as pautas de comportamento que permitan unha convivencia axeitada. Todo neno
prefire saber con precisión que se espera del, a qué xogamos. Os pais e os
educadores teñen a responsabilidade de proporcionarlle referencias claras. Por
que ten que haber regras? Porque vivimos xuntos, formando sociedade. E as
normas axudan a vivir, a regular a sociedade con xustiza, procurando tratar a
todos con equidade; sendo todos distintos, pero cos mesmos, dereitos, con
igualdade de trato. Por que ten que haber regras para o neno? Porque hai que
habitualo a vivir en sociedade e que teña habilidades sociais para poder
desenvolverse na vida. O feito de facilitarlle un mínimo marco normativo,
favorece nel un sentimento de seguridade, unhas referencias para poder actuar
en consecuencia. Eso simplifica o seu mundo, facilítalle a vida. O neno que non
sinte certos límites vive sumido na confusión. O neno quere que os seus pais
actúen como tales e que os mestres sexan mestres; os colegas, os compañeiros
son os nenos da súa idade.
Se as
normas son claras e precisas e son coherentes e fáciles de comprender. Se hai
poucas regras e resulta fácil cumprilas, o neno pode asumilas perfectamente e
está gustoso e seguro. Pero se hai unha proliferación delas, son confusas, son
unha pesada carga, córrese o risco de que os nenos non as poidan asumir. É peor
un adulto que deixa facer todo, que tanto lle da; o que se chama “laissez-faire”,
o que crea un balbordo, unha confusión, unha inestabilidade. Que aquel adulto
que pacta co neno un mínimo de normas reguladoras que ofrecen seguridade e
serven de guía. Poucas normas, pero claras, que todos saibamos ao que xogamos.
Os nenos precisan equilibrio, harmonía; os adultos temos que darlle seguridade,
ser uns referentes, un faro, unha buxola que indique con nitidez o norte.
Rematamos cunha expresión que escoitamos moitas
veces a un gran amigo e educador:
Ao neno se
lle impón, a un mozo se lle propón e a un adulto se lle expón.
Malo cun adulto que di que non sabe que facer co
seu fillo, e que este se converte nun tirano. É que ao mellor non soubo poñer límites
cando debía.
Nas clases é bo coxestionar a disciplina, que os
nenos co profesor pacten e dicten unhas mínimas normas de clase e que as fagan
cumprir. Todo así será máis doado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario