lunes, 13 de enero de 2014

PACIENCIA E BOS EXEMPLOS




Educar aos nosos nenos e nenas é unha tarefa apaixoante. Os nenos e nenas de hoxe serán os homes e as mulleres do mañá. Deles dependerá o futuro da Humanidade e o futuro do planeta e nós, como educadores, temos moito que ver con ese futuro. Agardemos que sexa un bo futuro. A infancia e a mocedade do hoxe son froito dos maiores do onte.
Aos nenos hai que amalos, valoralos, coñecelos, escoitalos; todo imprescindible para poder educalos.
Algo no que é preciso insistir, é que os nenos necesitan un tempo diario para xogar libremente cos seus iguais. Non lles roubemos o tempo de lecer e o tempo de xogo, son imprescindibles para medrar equilibradamente. O xogo é imprescindible e moi necesario para a educación harmónica e axeitada dos nenos, o xogo é algo natural e necesario nos nenos. Que xoguen cos seus iguais e coa mínima presencia dos adultos, hai excesiva presencia dos adultos na vida dos nenos, que precisan un tempo soltos para poder gozar dos iguais. Aí aprenderán a socializarse, a seguir as normas dos xogos, a autorregularizarse, o xogo libre cos iguais é enormemente educativo. Deixemos que se expandan que gocen da súa nenez. Un neno que xoga é un neno feliz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario