martes, 14 de marzo de 2017

ALGUNHAS PAUTAS DE ACTUACIÓN

Aínda que son unhas sinxelas pautas baseadas no sentido común e na experiencia da vida, por se poden ser de utilidade e para refrescar un pouco as ideas, aí van unha pequenas propostas:



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Propostas de actuación para a vida cotiá



HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

  • Os nenos/as precisan orde e equilibrio nas súas vidas. Os adultos son o modelo no que se miran.
  • Respectar as horas de soño (8 h.). Ter unha hora fixa para ir a durmir e para levantarse. O cuarto debe asociarse co durmir, non debe ter distratores nel. O soño é moi necesario, é reparador e fonte de benestar.
  • Levar unha alimentación san e variada. Non tomar excitantes nin abusar dos alimentos doces.
  • 2 h. antes de durmir beber pouco.
  • Crear e manter hábitos de aseo e hixiene persoal. Importancia do coidado da boca, limpar ben os dentes. (Ir creando unha progresiva autonomía nestes temas).
  • Sería moi recomendable que a nena/o tivera a oportunidade cada día de relacionarse e xogar cos iguais fóra do horario escolar.

PAUTAS DE CONDUCTA

·         Ensinar aos nenos/as a respectar y practicar as normas de cortesía e de relación positiva, respectuosa e axeitada cos demais (Saúdos, pedir as cousas por favor, dar as gracias...)
·         Poñer límites, normas de conduta e comportamento claros para a nena/o e axeitadas e proporcionadas a súa idade.
·         Manter firmeza e coherencia no cumprimento das normas e das tarefas habituais da vida cotiá dun neno/a. Non cumprilas ten que ter unhas consecuencias.
·         É preferible resolver os conflitos de xeito pacífico e razoado. Escoitar e dialogar moito coa nena/o. (No caso de dificultades de conduta e comportamento, pactar un control, por exemplo por medio dun sistema de economía de fichas o doutros métodos, por exemplo).
·         Evitar que o neno/a saia sempre coa súa e se converta nun tirano caprichoso para o adulto. Recordemos esta sabia máxima: Ao neno se lle impón, ao mozo se lle propón e ao adulto se lle expón.
·         O neno é iso, un neno; por iso debe recibir todos os nosos coidados e atencións, pero hai que educalos axeitadamente, con firmeza, coherencia e bos exemplos para que gañen gradualmente autonomía.
·         Os pais e educadores deben evitar a pretensión de ser os colegas dos seus fillos, o son os seus compañeiros/as  e os nenos/as da súa idade. Os pais/nais e educadores deben manter unhas relacións positivas e actuar como pais/nais e educadores que son.

HÁBITOS DE TRABALLO E ESTUDO

  • Axeitándose a idade dos nenos/as, hai que acostumalos ben cedo a que axuden nas tarefas do fogar, que manteñan o seu cuarto limpo e ordenado. Que colaboren no fogar.
  • Interesarnos por as súas cousas, mesmo as do colexio. Participar nas actividades e na vida do centro educativo.
  • Asistencia puntual e nas debidas condicións ao centro escolar.
  • Na casa acostumalos a que fagan os seus deberes e que dediquen ao día un tempo para o traballo académico e de estudo persoal.
  • Fomentar o hábito diario da lectura.
  • Controlar e dosificar o emprego das TIC (tv, play, ordenador...)
  • O uso do móbil convén retrasalo o máis posible, tendo en conta as idades e educalos no seu bo uso, correcto e razoable. Sempre é mellor o contacto directo e frecuente cos iguais e coas persoas.
  • Axudalos a organizarse, levando unha axenda cos horarios e a planificación. Revisar con eles diariamente as mochilas, controlar o que levan (o que sexa razoable e necesario), axudarlles a preparalas e organizalas.
  • Estar atentos e manter o contacto na axenda escolar e a comunicación frecuente coa profesora/or titora/or.
  • Combinar a esixencia co amor, creemos seres verdadeiramente educados e autónomos, non inútiles mal consentidos.
  • A razón e o sentido común, así como o xusto medio e equilibrado das cousas é o máis doado. E sempre, sempre falar con eles e escoitalos, dialogar moito e dedicarlle tempo aos cativos/as.

Educade á infancia e evitaredes que os cárceres se enchan. (Concepción Arenal).

jueves, 26 de enero de 2017

ESCOLA DE NAIS E PAIS-31-01-2017-17:30 H.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESCOLA DE PAIS E NAIS
O ACOSO ESCOLAR
Xermán Manuel Torres
ORIENTADOR

SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 31 de xaneiro de 2017; 17:30 h.

jueves, 13 de octubre de 2016

CONCRECIÓN PLAN DE ACTIVIDADES - 2016-2017





PLAN DE ORIENTACIÓN
CONCRECIÓN DE ACTIVIDADES – 2016/2017


2016/2017
PROFESORADO
ALUMNADO
FAMILIAS
1º TRIMESTRE
. Constitución do departamento Or.
. Aprobación do Plan de Actividades.
. Atención e asesoramento.
.Consideración de peticións de av. psicop.
. Atención e asistencia.
. Av. psicopedagóxicas.
. Informes.
. Obradoiro da poesía e das cantigas.
. Obradoiro do cómic.
. Control Calidade Lectora.
. Atención e asistencia.
. Entrevistas.
. Peticións.
. Tramitación becas alumnado co NEAE.
. 1ª Escola de Pais e Nais: Prevención do Acoso Escolar.
2º TRIMESTRE
>> 
Colaboración en actividades.
>> 
Visita ao IES (6º).
>> 
2ª Escola de Pais e Nais: O TDAH.
3º TRIMESTRE
>> 
. Cuestionario Observación da Convivencia.
. Xornada de Traballo Titores/as 6º - Or. e PT => IES (Intercambio inf.).
>> 
Cuestionario Observación da Convivencia.
>> 
. Cuestionario Observatorio da Convivencia.
. 3ª Esc. de Pais e Nais: Transición Primaria-Secundaria. O IES Fermín Bouza Brey.

lunes, 12 de septiembre de 2016

BECAS DO MINISTERIO PARA ALUMNADO CON NEAE

Desde o día 8 de agosto e ata o día 29 de setembro inclusive, está aberto o prazo para solicitar beca para o alumnado con necesidades educativas de apoio específico.

Para este tema poden dirixirse no noso centro ao orientador, quen lles prestará a axuda que precisen. Non dubiden comunicarse con el.

As solicitudes teñen que se cubrir na páxina web do Ministerio de Cultura, Educación e Deporte, tamén para facilitar a súa tarefa pode acceder á páxina mediante a seguinte ligazón:

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html


Así mesmo para resolver calquera dúbida sobre este tema poden dirixirse a BECAS da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Pontevedra:

- Tlfno.: 986 80 59 01

- Correo electrónico:  becas.pontevedra@edu.xunta.es

AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 06/10/2016
 

 


martes, 14 de junio de 2016

TITO PORTO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA


O pasado xoves, 9 de xuño de 2016, ás 12:50 h., o avó artista, o avó poeta, Tito Porto, o avó de honra do noso colexio, mantivo un encontro co alumnado de 3º de Educación Primaria, na sala de usos múltiples do colexio. Tito contou experiencias da súa vida, de cando el era neno, da escola do seu tempo... Logo recitou algúns dos seus poemas: Era o medo, Quixera ser un neno, A figuriña de barro (O tesouro),... E as nenas e os nenos interpretaron para el, O meu barco (acompañado con flautas doces por un grupiño de alumnos/as) e O caracol, ambos os dous poemas de Manuel María.

Tito aparte de agasallarnos coa súa presencia e co seu arte, unha vez máis, e agardamos moitas máis, tivo unha sorpresa para o alumnado: un balón do Real Madrid! (os poucos que eran do Barça protestaron, eso si moi cordial e pacificamente). 

Como sempre foi unha grata e agradable experiencia. E agradecemos a Tito a súa xentileza e as súas atencións cara o noso colexio, que sempre o recibe con ledicia e cos brazos abertos.

ATA OUTRA MILLORADA!

sábado, 4 de junio de 2016

O RECITADOR, ENRIQUE BRUMBÉCK, NO PIÑEIRIÑO



Este pasado venres día, 3 de xuño de 2016,  ás 12:50 h.o recitador Enrique Brumbéck realizou un recital de poesía galega para o noso alumnado de 4º de Primaria e 5º de Primaria, grupo A, na sala de usos múltiples do noso colexio. O recital consistiu no recitado de poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas. Ao final da intervención do Sr. Brumbéck, o alumnado respostou recitando e cantando poemas de Manuel María (Galicia, O caracol,...) e cantando a canción popular Ollos verdes...

Traballamos no alumnado:

- A escoita atenta

- A capacidade de memorización

- Capacidade de acollida de novas persoas e de novas actividades

- Abrirse a novas expectativas e a novas actividades

- Saber ser un público respectuoso, saber estar e actuar

- A expresión e a creatividade no noso idioma galego

- Despertar o aprecio pola beleza, pola poesía, pola nosa literatura e os nosos literatos

- Aceptar aos outros e convivir

- Aprecio pola nosa cultura, educarnos conxuntamente e saber gozar de obras e bens culturais, entre outas cousas.

Ao final do acto, o recitador fixo unha dedicatoria e unhas palabras para o alumnado e para o colexio.