Mostrando entradas con la etiqueta IES Fermín Bouza Brey. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IES Fermín Bouza Brey. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de junio de 2019

PREMIOS ATRÉVETE-2018-2019




Trasladámonos a recoller os premios o luns 17/06/2019, 16 alumnos/as de sexto de Primaria do noso colexio, acompañados polo orientador do centro, que tamén é o coordinador do programa ATRÉVETE no mesmo. O acto de entrega tivo lugar no Museo da Cidade da Cultura do Gaiás en Santiago de Compostela de 11:00 h. a 12:30 h.

No programa ATRÉVETE deste curso 2018/2019, foron premiados os proxectos de emprendemento de dúas das nosas alumnas:

- MARIÁN ORDÓÑEZ LOSADA de 6º de Primaria "A"

- IRIA NÚÑEZ COSTA de 6º de Primaria "B"

Parabéns para as premiadas e noraboa aos 18 alumnos/as do noso colexio que participaron neste concurso autonómico que promove o coñecemento da FP e do texido empresarial das nosas comarcas. Aquí en Vilagarcía de Arousa colaboramos o IES Fermín Bouza Brey, o CEIP O Piñeiriño e a Federación de Empresarios de Arousa (FECA).

Agardamos manter esta liña de colaboración para o próximo curso e seguir participando nunha nova edición deste concurso.

viernes, 7 de junio de 2019

ÚLTIMA ESCOLA DE NAIS E PAIS DESTE CURSO


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESCOLA DE PAIS E NAIS
TRANSICIÓN DE PRIMARIA Á SECUNDARIA
O IES F. BOUZA BREY
Laura Rodríguez Díaz
ORIENTADORA

SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 18 de xuño de 2019; 17:30 h.

lunes, 9 de mayo de 2016

VISITA AO IES FERMÍN BOUZA BREY

O noso alumnado de 6º de Educación Primaria visitará o IES Fermín Bouza Brey mañán martes, 10/05/2016, ás 12:00 h. Moitos dos alumnos e alumnas estarán nese instituto para o vindeiro curso escolar 2016/2017. Trátase dunha toma de contacto e para recibir información sobre os estudos da ESO e sobre o funcionamento do propio instituto.

Nunha data, que xa se concretará, do mes de xuño teremos unha Escola de Pais e Nais coa orientadora de dito instituto de carácter formativo e informativo.

Páxina web do IES Fermín Bouza Brey:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbouzabrey/


Tlfno. IES Fermín Bouza Brey:

886 151 956

viernes, 6 de junio de 2014

ESCOLA DE NAIS E PAIS: O IES F. BOUZA BREY - A ESO





O MARTES 17 DE XUÑO DE 2014, ÁS 18:30 H. E NO SALÓN DE ACTOS DO NOSO COLEXIO, CELEBRAREMOS UNHA ESCOLA DE PAIS E NAIS:

O director e a orientadora do IES "Fermín Bouza Brey", coordinarán esta Escola, dirixida especialmente ás familias do alumnado que este curso remata 6º de Educación Primaria, co seguinte tema:

TRANSICIÓN DA PRIMARIA Á ESO - O IES "FERMÍN BOUZA BREY".

Coidamos que se trata dun tema do máximo interese
para as familias dos alumnos e alumnas que rematan os seus estudos de Primaria e en setembro principiarán os estudos correspondentes á ESO.

Este ano ademais hai algunhas novedades co motivo de entrar en vigor a nova lei de educación, a LOMCE (2013).

Agardamos a presencia dos pais e nais do alumnado de 6º de Primaria.   

martes, 18 de marzo de 2014

VISITA AO IES FERMÍN BOUZA BREY





HOXE, DE 12:00 H. A 14:00 H. O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ACOMPAÑADOS DOS SEUS MESTRES TITORES E DO ORIENTADOR DO CENTRO FIXERON UNHA VISITA FORMATIVA E INFORMATIVA AO NOSO INSTITUTO. ALÍ FOMOS RECIBIDOS POLO DIRECTOR, A VICEDIRECTORA E A ORIENTADORA, QUE MOI AMABLEMENTE NOS ILUSTRARON E OFRECERON INFORMACIÓN VALIOSA PARA O NOSO ALUMNADO, QUE NO VINDEIRO SETEMBRO, UNHA GRAN PARTE PASARÁ A SER O NOVO ALUMNADO DO INSTITUTO.
GRACIAS POLA AMABILIDADE E O TRATO RECIBIDO. O PRÓXIMO XUÑO, A ORIENTADORA E O DIRECTOR VISITARÁN O NOSO COLEXIO PARA TER UN ENCONTRO COS PAIS DO NOSO ALUMNADO E SEGUIR OFRECENDO INFORMACIÓN SOBRE O IES "FERMÍN BOUZA BREY".

viernes, 7 de junio de 2013

ESCOLA DE PAIS E NAIS



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS
MARTES, 11 DE XUÑO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS
O PASO DA EDUCACIÓN PRIMARIA Á EDUCACIÓN SECUNDARIA.
O IES “FERMÍN BOUZA BREY”.

Dita escola estará coordinada por Dna. Laura Rodríguez Díaz, orientadora do Instituto.