Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Consellería de Educación. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de junio de 2019

PREMIOS ATRÉVETE-2018-2019




Trasladámonos a recoller os premios o luns 17/06/2019, 16 alumnos/as de sexto de Primaria do noso colexio, acompañados polo orientador do centro, que tamén é o coordinador do programa ATRÉVETE no mesmo. O acto de entrega tivo lugar no Museo da Cidade da Cultura do Gaiás en Santiago de Compostela de 11:00 h. a 12:30 h.

No programa ATRÉVETE deste curso 2018/2019, foron premiados os proxectos de emprendemento de dúas das nosas alumnas:

- MARIÁN ORDÓÑEZ LOSADA de 6º de Primaria "A"

- IRIA NÚÑEZ COSTA de 6º de Primaria "B"

Parabéns para as premiadas e noraboa aos 18 alumnos/as do noso colexio que participaron neste concurso autonómico que promove o coñecemento da FP e do texido empresarial das nosas comarcas. Aquí en Vilagarcía de Arousa colaboramos o IES Fermín Bouza Brey, o CEIP O Piñeiriño e a Federación de Empresarios de Arousa (FECA).

Agardamos manter esta liña de colaboración para o próximo curso e seguir participando nunha nova edición deste concurso.