Mostrando entradas con la etiqueta Concepción Arenal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concepción Arenal. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de marzo de 2017

ALGUNHAS PAUTAS DE ACTUACIÓN

Aínda que son unhas sinxelas pautas baseadas no sentido común e na experiencia da vida, por se poden ser de utilidade e para refrescar un pouco as ideas, aí van unha pequenas propostas:



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Propostas de actuación para a vida cotiá



HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

  • Os nenos/as precisan orde e equilibrio nas súas vidas. Os adultos son o modelo no que se miran.
  • Respectar as horas de soño (8 h.). Ter unha hora fixa para ir a durmir e para levantarse. O cuarto debe asociarse co durmir, non debe ter distratores nel. O soño é moi necesario, é reparador e fonte de benestar.
  • Levar unha alimentación san e variada. Non tomar excitantes nin abusar dos alimentos doces.
  • 2 h. antes de durmir beber pouco.
  • Crear e manter hábitos de aseo e hixiene persoal. Importancia do coidado da boca, limpar ben os dentes. (Ir creando unha progresiva autonomía nestes temas).
  • Sería moi recomendable que a nena/o tivera a oportunidade cada día de relacionarse e xogar cos iguais fóra do horario escolar.

PAUTAS DE CONDUCTA

·         Ensinar aos nenos/as a respectar y practicar as normas de cortesía e de relación positiva, respectuosa e axeitada cos demais (Saúdos, pedir as cousas por favor, dar as gracias...)
·         Poñer límites, normas de conduta e comportamento claros para a nena/o e axeitadas e proporcionadas a súa idade.
·         Manter firmeza e coherencia no cumprimento das normas e das tarefas habituais da vida cotiá dun neno/a. Non cumprilas ten que ter unhas consecuencias.
·         É preferible resolver os conflitos de xeito pacífico e razoado. Escoitar e dialogar moito coa nena/o. (No caso de dificultades de conduta e comportamento, pactar un control, por exemplo por medio dun sistema de economía de fichas o doutros métodos, por exemplo).
·         Evitar que o neno/a saia sempre coa súa e se converta nun tirano caprichoso para o adulto. Recordemos esta sabia máxima: Ao neno se lle impón, ao mozo se lle propón e ao adulto se lle expón.
·         O neno é iso, un neno; por iso debe recibir todos os nosos coidados e atencións, pero hai que educalos axeitadamente, con firmeza, coherencia e bos exemplos para que gañen gradualmente autonomía.
·         Os pais e educadores deben evitar a pretensión de ser os colegas dos seus fillos, o son os seus compañeiros/as  e os nenos/as da súa idade. Os pais/nais e educadores deben manter unhas relacións positivas e actuar como pais/nais e educadores que son.

HÁBITOS DE TRABALLO E ESTUDO

  • Axeitándose a idade dos nenos/as, hai que acostumalos ben cedo a que axuden nas tarefas do fogar, que manteñan o seu cuarto limpo e ordenado. Que colaboren no fogar.
  • Interesarnos por as súas cousas, mesmo as do colexio. Participar nas actividades e na vida do centro educativo.
  • Asistencia puntual e nas debidas condicións ao centro escolar.
  • Na casa acostumalos a que fagan os seus deberes e que dediquen ao día un tempo para o traballo académico e de estudo persoal.
  • Fomentar o hábito diario da lectura.
  • Controlar e dosificar o emprego das TIC (tv, play, ordenador...)
  • O uso do móbil convén retrasalo o máis posible, tendo en conta as idades e educalos no seu bo uso, correcto e razoable. Sempre é mellor o contacto directo e frecuente cos iguais e coas persoas.
  • Axudalos a organizarse, levando unha axenda cos horarios e a planificación. Revisar con eles diariamente as mochilas, controlar o que levan (o que sexa razoable e necesario), axudarlles a preparalas e organizalas.
  • Estar atentos e manter o contacto na axenda escolar e a comunicación frecuente coa profesora/or titora/or.
  • Combinar a esixencia co amor, creemos seres verdadeiramente educados e autónomos, non inútiles mal consentidos.
  • A razón e o sentido común, así como o xusto medio e equilibrado das cousas é o máis doado. E sempre, sempre falar con eles e escoitalos, dialogar moito e dedicarlle tempo aos cativos/as.

Educade á infancia e evitaredes que os cárceres se enchan. (Concepción Arenal).