Mostrando entradas con la etiqueta Tito Porto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tito Porto. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de junio de 2016

TITO PORTO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA


O pasado xoves, 9 de xuño de 2016, ás 12:50 h., o avó artista, o avó poeta, Tito Porto, o avó de honra do noso colexio, mantivo un encontro co alumnado de 3º de Educación Primaria, na sala de usos múltiples do colexio. Tito contou experiencias da súa vida, de cando el era neno, da escola do seu tempo... Logo recitou algúns dos seus poemas: Era o medo, Quixera ser un neno, A figuriña de barro (O tesouro),... E as nenas e os nenos interpretaron para el, O meu barco (acompañado con flautas doces por un grupiño de alumnos/as) e O caracol, ambos os dous poemas de Manuel María.

Tito aparte de agasallarnos coa súa presencia e co seu arte, unha vez máis, e agardamos moitas máis, tivo unha sorpresa para o alumnado: un balón do Real Madrid! (os poucos que eran do Barça protestaron, eso si moi cordial e pacificamente). 

Como sempre foi unha grata e agradable experiencia. E agradecemos a Tito a súa xentileza e as súas atencións cara o noso colexio, que sempre o recibe con ledicia e cos brazos abertos.

ATA OUTRA MILLORADA!

sábado, 18 de abril de 2015

OBRADOIROS DO BARRO CON TITO PORTO



O noso amigo, Tito Porto, gran artista no manexo dos versos, da escultura, da pintura,... da vida vai a coordinar dous Obradoiros de Barro, dentro da Unidade Didáctica: OS ZOCOS, para o alumnado de 6º de Educación Primaria e que no seu día tiveran que aprazarse, coa seguinte programación:

- 22/04/2015 de 12:40 h. a 14:30 h. para 6º A

- 29/04/2015 de 12:40 h. a 14:30 h. para 6º B

Tamén Tito confeccionará no colexio unha sorpresa para agasallar á nosa Comunidade Educativa, asunto do que xa daremos conta.

Asimesmo temos previsto que participe un curso máis nos Obradoiros de Poesía que se levarán a cabo co alumnado de 3º de Ed. Primaria.

Grazas a Tito Porto por compartir con todos nós a riqueza da súa longa vida.

APRAZADOS POR INDISPOSICIÓN DE TITO, AGARDAMOS RECUPERAR AXIÑA ESTA ACTIVIDADE.

domingo, 7 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Debuxo enviado polo noso amigo Tito Porto

VÉMONOS O DÍA 10, ÁS 9:30 H.; XA QUE COMEZA O NOVO CURSO, SEREDES TODOS/AS BENVIDOS. OS PROFES ESTAMOS A PREPARAR O NOVO ANO ACADÉMICO.

- Recuperade o novo ritmo, deitádevos cedo.

- Consolidade o pracer de ler e estudiar.

- Dedicade un tempo na casa ao traballo persoal, para ir acostumbrándose a uns hábitos de estudio.

- Dedicade un tempo cos vosos pais para entre todos ler contos, fábulas, poemas, aprender cancións, xogar ás adiviñas, crebalinguas, encrucillados,...

- Ler tamén cómics.

- Ide preparando os libros de texto e material escolar.

- O primeiro día, traede unha libreta e un lapis ou bolígrafo para anotar os horarios e as recomendacións dos mestres/as.

- Practicade exercicio físico, deporte no medio natural, é moi importante o contacto coa natureza.

- E tamén dedicade un tempo ao día para xogar libremente cos vosos iguais e relacionarvos coas vosas amizades.

VÓS SODES MOI IMPORTANTES, SODES ÚNICOS, SENTÍDEVOS ORGULLOSOS DE VOS MESMOS E DAS VOSAS FAMILIAS.

FELIZ RETORNO ÁS AULAS.