Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2017

ESCOLA DE NAIS E PAIS-31-01-2017-17:30 H.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ESCOLA DE PAIS E NAIS
O ACOSO ESCOLAR
Xermán Manuel Torres
ORIENTADOR

SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 31 de xaneiro de 2017; 17:30 h.

jueves, 18 de febrero de 2016

ACOSO ESCOLAR

O martes, 23 de febreiro, ás 20:00 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, o orientador do noso centro coordinará unha charla sobre o acoso escolar dirixida á comunidade educativa do noso Concello e a todas cantas persoas se interesen no tema. O acto está organizado pola Concellería de Educación, que rexenta o concelleiro Miro Serén, mestre e ex director do noso centro.

Reflicte deste xeito o acontecemento o Faro de Vigo, sección Arousa:

                                                                                                                   Noé Parga

O día 23, " Xermán Torres, orientador en el CEIP O Piñeiriño y coordinador del proyecto PROA (Programa de Refuerzo, Orientación y Apoyo). Torres se centrará en el acoso escolar. Sostiene que "la mayoría de los problemas" se deben a la falta de comunicación y diálogo, cuando "son la base de toda relación humana".
Aparte del protocolo de prevención del acoso escolar marcado por la Xunta por ley en el año 2011, el colegio O Piñeiriño dispone de un plan específico que, "afortunadamente nunca tuvimos que aplicar", dice el orientador, quien enseñará a los asistentes que acudan a su charla del martes día 23 de febrero (a las 20 horas en el Auditorio) a diferenciar "lo que es acoso de lo que no lo es. El acoso es algo sistemático, con intención de hacer daño", puntualiza el profesional de O Piñeiriño.
"Tolerancia 0"
Pero sin duda el principal mensaje que Xermán Torres quiere trasladar al público que asista a la charla es la "tolerancia cero hacia cualquier tipo de violencia, ya sea verbal, física o social". "Tenemos que prevenir la xenofobia, el miedo a lo distinto. Todos somos diferentes pero con los mismos derechos y deberes. La prevención del acoso tiene que comenzar ya en la educación infantil y primaria", considera el orientador. Si bien recordó la importancia de la educación en el colegio, apostilló que "la labor primordial tiene que venir de casa".
En otro orden de cosas, Torres apuesta por la necesidad de crear un observatorio sobre la convivencia dentro del Consello Escolar Municipal en el que se puedan intercambiar experiencias e impresiones de los distintos colegios de Vilagarcía".

E La Voz de Galicia en Arousa reflicte así este ciclo de conferencias:


                                                                                                          Mónica Ferreirós


O martes 23 a conferencia "correrá a cargo de Xermán Torres, orientador escolar del CEIP O Piñeiriño, con el acoso escolar como asunto clave".

O Diario de Arousa recolle así a nova:

                                                                                                          Gonzalo Salgado

"El ciclo continúa el martes, a las ocho de la tarde, con una ponencia del orientador escolar del colegio de O Piñeiriño, Xermán Torres, que hablará y disertará sobre el acoso escolar".



lunes, 19 de mayo de 2014

ACOSO ESCOLAR

O noso centro conta cun Protocolo de Prevención e Atención do Acoso Escolar, informado favorablemente polo Claustro de Profesores, debatido e coñecido nos distintos órganos académicos do colexio e por fin aprobado polo Consello Escolar, onde está representada a Comunidade Educativa, o día 13 deste mes de maio de 2014.

É un tema que non é de moita incidencia a nivel do ensino de Educación Infantil e Primaria, pero sempre está ben dispoñer dos mecanismos para atallar os posibles problemas e para realizar sobre todo prevención a nivel educativo e formativo.

Compre non ser alarmistas e sempre hai que actuar con cautela, humanidade e gardando a debida confidencialidade para protexer sempre aos menores de idade. Non obstante, alumnado, familias, profesorado e dirección dos centros educativos han ser conscientes que casos de "bullying" ou acoso escolar poden se producir nalgún momento e hai que estar preparados para dar a axeitada resposta a problemática que se pode presentar e darlle a solución pertinente, para eso quere servir o protocolo que vimos de aprobar no colexio. 

Imos presentar algúns sinais que poden facer sospeitar que un neno ou nena sufre acoso (hai que discernir ben e distinguir o que realmente é acoso e o que non é, para eso seguiremos o protocolo). Uns indicadores de acoso poden ser:

  • Chega a casa coa roupa, libros ou cousas rotas ou que llas teñen roubado.
  • Ten moretóns, feridas, cortes ou marcas que non pode explicar.
  • Perdeu o interese por ir ao colexio.
  • O seu rendemento académico baixa.
  • Ten poucos amigos ou non ten ningún.
  • Non invita a compañeiros á casa e rara vez vai á de outros.
  • Sufre falta de apetito, dores de cabeza e/ou estómago (pola mañá).
  • Sufre alteracións do sono: insomnio, pesadelos ou chora cando durme.
  • Pide diñeiro ou saca diñeiro ás escondidas (para o intimidador).
  • Falta algún xoguete ou cousa de valor (tamén para entregarlla ao acosador/es).
  • Chega do colexio ansioso, triste, decaído, cos ollos con bágoas e ten un aspecto triste, deprimido e de infelicidade.
  • Cambia de humor de forma inesperada ou está irritable e con furia e rabia repentina.
  • Amósase teimudo, pouco comunicativo, chora con frecuencia.
  • Non quere saír a xogar cos demais, non quere ir ao parque, prefire quedar só na casa. 
Temos que comunicarnos cos nosos nenos e nenas, estar pendientes deles e das súas cousas, coñecelos, saber das súas preocupacións, darlles confianza para que dialoguen con nós, debemos saber escoitalos e diante calquera situación de alarma ou cambio repentino de comportamento non deixar de falar co profesorado. A nosa maior preocupación son os fillos/as, o alumnado. Todos debemos axudarnos e cooperar na mellor educación e benestar dos nosos nenos e nenas. Son o centro da acción educativa.

(Para a elaboración desta entrada contamos coa información que se ofrece no Taco do Corazón de Xesús do día 24 de marzo de 2014, da editorial Mensajero e tamén do noso Protocolo sobre o tema).