miércoles, 4 de septiembre de 2013

VOLTA AO COLE



Temos que preparármonos para volver ao cole, os profes xa están a traballar para ter todo listo para o día 11, ás 9:30 h. Nas casas hai que recuperar os horarios e as rutinas do curso. Convén ir para a cama cedo e ir levantándose á hora axeitada para chegar ao cole con puntualidade, hai que ir adaptándose paseniñamente á nova situación. E como sempre, gozade coa lectura, debedes descubrir e practicar o pracer de ler.

ATA O DÍA 30 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDA PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. (Atenderá para este fin o orientador-secretario en horario de 12:30 h. a 13:45 h. de luns a venres).

martes, 16 de julio de 2013

BO E SAUDABLE VERÁN

A pesares das dificultades experimentadas na WEB institucional e demais problemas informáticos, co esforzo do grupo directivo á fin demos por imprimir todos os vales solicitados na axuda solidaria para os libros de texto e material escolar. Moitos vales xa foron recollidos, só quedan uns poucos por recoller, o que se fará en setembro, habilitamos de luns a venres de 12:30 h. a 13:45 h. para pasar por Secretaría para retiralos.

AGORA GOCEMOS TODOS DAS MERECIDAS VACACIÓNS. APROVEITEMOS PARA LER, ESCOITAR MÚSICA, PASEAR, ESTAR EN CONTACTO COA NATUREZA: NO AIRE PURO E LIBRE DA MONTAÑA, DA PRAIA...
PERO SOBRE TODO GOZAR DA COMPAÑA DAS PERSOAS, DA FAMILIA.

DESCANSADE PARA EMPEZAR O CURSO 2013-2014 CHEOS DE FORZA, DE ILUSIÓN, CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR E APRENDER. LEMBRADE QUE EMPEZAMOS O DÍA 11 DE SETEMBRO. O COLEXIO ABRE AS SÚAS PORTAS O DÍA 2.


AÍNDA NOS QUEDA MOITO VERÁN,

BO VERÁN - 2013

jueves, 20 de junio de 2013

lunes, 17 de junio de 2013

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO - 2013-2014








NAS DÚAS IMAXES DESTA ENTRADA PODEMOS VER E OBTER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO DO NOSO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2013/2014.

miércoles, 12 de junio de 2013

CONTACONTOS DOS PAIS E NAIS

Un grupo de pais e nais están a representar dous contos deseñados e preparados por eles mesmos e que os van a ofrecer a todo o alumnado do noso colexio. Un dos contos dedicado para os máis pequenos, tratará sobre a amizade o outro, para os alumnos e alumnas de máis idade, tentará desmitificar aos superheroes do cómic, das películas e das series famosas de TV; veremos como caen do seu pedestal SUPERMAN, WATMAN, SPIDERMAN,... Que quedará de todos eles?

A PROGRAMACIÓN SERÁ DESTE XEITO (representarase sempre no Salón de Actos do colexio):

- MARTES, 11 DE XUÑO - 13:00 h.: "Os ami@s misteriosos do Lago de Vilagarcía". Para Educación Infantil (3-5 anos).

- XOVES, 13 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.

- VENRES, 14 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

COA AMIZADE E ESTES SUPERHEROES DE CARTÓN PEDRA A VER ONDE NOS METEMOS... SEGURO QUE O PASAREMOS MOI BEN!

GRAZAS E PARABÉNS A ESTE GRUPO DE PAIS E NAIS QUE FAN QUE PASEMOS UNS INTRES DE LEDA DIVERSIÓN.

ARRIBA O PANO!!!   

 

viernes, 7 de junio de 2013

ESCOLA DE PAIS E NAIS



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS
MARTES, 11 DE XUÑO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS
O PASO DA EDUCACIÓN PRIMARIA Á EDUCACIÓN SECUNDARIA.
O IES “FERMÍN BOUZA BREY”.

Dita escola estará coordinada por Dna. Laura Rodríguez Díaz, orientadora do Instituto.

lunes, 3 de junio de 2013

AXUDA SOLIDARIA



Moi estimados pais e nais:

Permitímonos comunicarlles que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dentro do programa AXUDA SOLIDARIA da Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (ORDE do 30 de maio de 2013 –DOG do 31 de maio-).

- Entrega de solicitudes do 3 de xuño ao 3 de xullo.

- Recollida de vales do 24 de xuño ao 3 de xullo. 

- HORARIO: De luns a venres de 12:30 h. a 13:45 h.

Atte.- A Dirección

Vilagarcía de Arousa, 3 de xuño de 2013