ATA O 15 DESTE MES PÓDENSE SOLICITAR AS AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAIS PARA A EDUCACIÓN INFANTIL.
O COLEXIO TRAMITOU TRECE SOLICITUDES DE AXUDA PARA O ALUMNADO CON NEAE (NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO ESPECÍFICO) CUXO PRAZO REMATOU O PASADO 30/09/2013.
O VINDEIRO MARTES DÍA 15, CELEBRARANSE REUNIÓNS DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR, ENTRE OUTROS IMPORTANTES ASUNTOS, TRATARASE SOBRE A PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL.
MOI PRONTO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POÑERÁ A VENDA A LOTERÍA DE NADAL, QUE AXUDARÁ A FINANCIAR A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA.
Todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado) somos axentes da vida do noso centro, participemos de xeito activo, constructivo e positivo en ben das nosas nenas e dos nosos nenos. Todos construímos o CEIP O PIÑEIRIÑO. O edificio actual do noso centro cumprirá 25 anos o vindeiro 1 de setembro, xa que o edificio empezou a utilizarse o 1 de setembro de 1989.
Mostrando entradas con la etiqueta Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo-2013-14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo-2013-14. Mostrar todas las entradas
sábado, 12 de octubre de 2013
miércoles, 4 de septiembre de 2013
VOLTA AO COLE
Temos que preparármonos para volver ao cole, os profes xa están a traballar para ter todo listo para o día 11, ás 9:30 h. Nas casas hai que recuperar os horarios e as rutinas do curso. Convén ir para a cama cedo e ir levantándose á hora axeitada para chegar ao cole con puntualidade, hai que ir adaptándose paseniñamente á nova situación. E como sempre, gozade coa lectura, debedes descubrir e practicar o pracer de ler.
ATA O DÍA 30 DE SETEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDA PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. (Atenderá para este fin o orientador-secretario en horario de 12:30 h. a 13:45 h. de luns a venres).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)