Mostrando entradas con la etiqueta bo verán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bo verán. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de junio de 2020

FELICES VACACIÓNS! TEMPO PARA DESFRUTAR

Despois deste duro e atípico terceiro trimestre, veñen as vacacións, tempo para  o lecer, para gozar da familia e da Natureza.

Por favor, que as nosas crianzas desfruten moito xogando en contacto coa exhuberante natureza da Nosa Terra, ningunha nena e ningún neno sen xogar todos os días do verán. E que as nais e os pais se xunten aos xogos. Todos a xogar!

Mais tamén podemos facer estas tres cousas, como exemplo, da cantidade que se poden facer:

1.- Visitar as librerías, escoller un bo libro, e a gozar coa lectura un pouco cada día.

2.- Escoitar música. Se se pode e respectando as normas e disposicións ir a concertos e verbenas.

3.- Debuxar e colorear libremente,

E aínda máis, algo que a min me gustou desde pequeno, nas noites despexadas e estreladas, mirade ao alto, tratando de descubrir planetas e constelacións.

E quérovos ver a todos no cole en setembro!

Apertas agarimosas.




martes, 16 de julio de 2013

BO E SAUDABLE VERÁN

A pesares das dificultades experimentadas na WEB institucional e demais problemas informáticos, co esforzo do grupo directivo á fin demos por imprimir todos os vales solicitados na axuda solidaria para os libros de texto e material escolar. Moitos vales xa foron recollidos, só quedan uns poucos por recoller, o que se fará en setembro, habilitamos de luns a venres de 12:30 h. a 13:45 h. para pasar por Secretaría para retiralos.

AGORA GOCEMOS TODOS DAS MERECIDAS VACACIÓNS. APROVEITEMOS PARA LER, ESCOITAR MÚSICA, PASEAR, ESTAR EN CONTACTO COA NATUREZA: NO AIRE PURO E LIBRE DA MONTAÑA, DA PRAIA...
PERO SOBRE TODO GOZAR DA COMPAÑA DAS PERSOAS, DA FAMILIA.

DESCANSADE PARA EMPEZAR O CURSO 2013-2014 CHEOS DE FORZA, DE ILUSIÓN, CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR E APRENDER. LEMBRADE QUE EMPEZAMOS O DÍA 11 DE SETEMBRO. O COLEXIO ABRE AS SÚAS PORTAS O DÍA 2.


AÍNDA NOS QUEDA MOITO VERÁN,

BO VERÁN - 2013