domingo, 10 de mayo de 2020

RECUPERACIÓN PROCESO DE MATRICULACIÓN

OLA, QUERIDAS FAMILIAS!!! AGARDO QUE O LEVEDES O MELLOR POSIBLE. ÁNIMOS PARA TODOS, XUNTOS PODEMOS!!!

- Tende optimismo

- Xogade e desfrutade coas vosas crianzas

- Facede exercicio físico, bailade e cantade

- Lograremos saír desta, venceremos nós!!!

A partires deste luns 11 e ata o luns 18 ábrese de novo o proceso de matrícula. O colexio permanecerá aberto para estos asuntos de 9:30 a 14:30 h. Haberá un directivo para atenderos.

Tomade medidas de autoprotección e de protección a saúde de todos importa, sede responsables.

Para o alumnado de 6º de Primaria que se dispón ao tránsito á secundaria, sería importante que conectárades coa web do Instituto Fermín Bouza Brey, noso instituto de referencia ao que estamos adscritos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbouzabrey/ 

E tamén é moi necesario que a cotío naveguedes pola web do noso colexio, na que atoparedes información de interese:


 

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA

Ola a todas e a todos! Agardo que as cousas vaian indo o mellor posible.

Hoxe quero facer unha proposta que pode ser de interese, que naveguedes polo blogue da Profesora de Pedagoxía Terapéutica do IES Castro Alobre da nosa cidade, a quen coñezo moi ben.

Preparou un blogue dirixido especialmente ao seu alumnado, pero nalgunhas cousas pode ser de interese para o alumnado de 6º de Primaria e a selección de vídeos e de textos literarios poden ter interese xeral. 

O enderezo electrónico de dito blogue onde podedes clicar e este:


Saúdos e ata a próxima entrada. E non deixedes de navegar tamén pola web do noso colexio. Ánimo!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO - 23-04-2020

Ola a todos! Agardo que todo vaia indo o mellor posible. Hoxe vou facer algunhas indicacións sobre o día tan especial dedicado a eses amigos únicos e marabillosos como son os libros.

Recomendo que visitedes a páxina web do noso colexio, navegade por ela, alí atoparedes contidos sobre a semana de actividades propostas para conmemorar o Día do Libro.

Coas vosas fillas e cos vosos fillos podedes indagar por que precisamente o día do libro cadra sempre no 23 de abril, cal é a razón?

Quería propoñeros un achegamento a un libro moi coñecido de Miguel de Cervantes Saavedra, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, tamén coñecido como El Quijote.



É un libro para achegarse a él en distintas etapas da vida, a un neno e a un mociño non podes dicirlle que lea o Quixote completo, é unha barbaridade xa que é un libro moi complexo, moi rico e unha persoa moi nova non é capaz de sacarlle todo o zume da riqueza que encerra tan monumental obra.

No Quixote hai un vocabulario moi rico e amplo, con moitos refráns (a maioría deles en boca de Sancho Panza, que representa a realidade fronte ao idealismo de don Quixote), moitas fraxes inxeñosas, moitos xiros idiomáticos, variedade conceptual, alusións ao mundo clásico, á literatura; unha obra moi completa a que hai que achegarse pouco a pouco e en distintos momentos da vida dunha persoa.

Pero, si podemos facer unha primeira aproximación coas nosas crianzas, lendo fragmentos debidamente escollidos.

Aí van algúns:

Por exemplo, o primeiro capítulo onde se describe onde vive e como é o fidalgo pobre, don Quixote. Todos recordamos o comezo da obra, con fondo significado e que se utiliza a xeito de pequeno refrán ou máxima, dirixido con sorna a certos lugares:

"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme..."  

Tamén podemos ler coas nenas e cos nenos o capítulo no que don Quixote confunde aos muíños de vento con ameazadores xigantes.

Ou outro que é moi divertido, o episodio no que D. Quixote é investido como cabaleiro andante, localizado nunha venta, que D. Quixote cre un castelo onde "vela armas" antes de saír de aventuras para "desfacer entuertos".

Investigade coas vosas fillas e cos vosos fillos sobre a tortuosa biografía de Cervantes e pescudade sobre o seu famoso libro, considerado unha das xoias da litertura mundial de todos os tempos, un clásico.

Desfrutade do Día do Libro, achegándovos a Cervantes e ao Quixote.



Ánimo e sorte! 
 

lunes, 23 de marzo de 2020

PRIMAVERA-2020

"La primavera ha venido,
nadie sabe como ha sido"



Na casa podedes falar da primavera, flores e plantas, paxaros, animais, sons, Natureza,...

Que as nenas e os nenos debuxen flores, o arco da vella, unha paisaxe da primavera,...

Que insvestiguen que son os equinocios.

Se queredes ver cada paxaro co seu canto, picade nestes enderezos:





E podemos escoitar, unha vez más a Primavera de A. Vivaldi:







lunes, 16 de marzo de 2020

PARA SABER E PARA ENTRETERSE

Benqueridos todos, para pasar uns intres interesantes, podedes probar a navegar por:

aulasgalegas.org


BIBLIOTECA VIRTUAL MUNDIAL DA UNESCO:

https://www.wdl.org/es/


BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA:

www.bvg.udc.es

A NOSA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E F.P.:

www.edu.xunta.gal


Gozade coa navegación, sede curiosos. 

domingo, 15 de marzo de 2020

COMO APROVEITAR E SUPERAR ESTA SITUACIÓN COMPLICADA


A única maneira de rexenerar o mundo é que cada un cumpla co deber que lle corresponda. (Charles Kingsley).

  1. Seguir disciplinadamente as orientacións, indicacións e normativas das autoridades sanitarias e competentes.
  2. Ter a confianza e a esperanza que entre todos superaremos estes difíciles momentos.
  3. Ser responsables.
  4. Lavar a cotío as mans con auga e xabón e extremar as medidas hixiénicas.
  5. Axudar aos nosos nenos e as nosas nenas, que non se poñan tristes. Imprimir optimismo, os problemas hai que aprender a xestionalos, tomando as medidas oportunas.
  6. Propiciar a convivencia e o diálogo familiar.
  7. Estar entretidos e ocupados.
  8. Xogar con todo tipo de xogos sociais e interactivos: cartas, parchís, oca, monopoly, xadrez, damas,...
  9. Ler e escribir.
  10. Debuxar e pintar.
  11. Tocar algún instrumento musical (practicar coa frauta).
  12. Cantar.
  13. Conversar.
  14. Contar contos, fábulas, adiviñas, refráns, historias,...
  15. Xogar con bonecos, monicreques, xogos de construción, todo tipo de xoguetes,...
  16. Escoitar música, escoitar a radio.
  17. Ver películas de cine, series, ver a TV.
  18. Con moderación e coa debida regulación parental manexar o ordenador, para traballar, facer tarefas do cole, navegar pola web do cole e outras, consultar este blog.
  19. Ler cómics e idear e facer cómics, crear historias.
  20. Recortar, manipular recortables.
  21. Facer exercicio físico.
  22. Chamar por teléfono a familiares e amigos.
  23. Chatear, mandar mensaxes.
  24. Escribir correos electrónicos a familiares e amigos.
  25. Poñer a creatividade e a imaxinación en acción.

ENTRE TODOS SAIREMOS DESTA, SEGURO!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS CON FINA CASALDERREY





CEIP O PIÑEIRIÑO



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 ESCOLA DE PAIS E NAIS
AUTOBIOGRAFÍA DAS EMOCIÓNS: Estratexias de sedución lectora.
FINA CASALDERREY
(Mestra e escritora)








SALA DE USOS MÚLTIPLES
DO CEIP O PIÑEIRIÑO
Martes, 19 de novembro de 2019; 17:30 h