Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Manuel Torres-orientador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Manuel Torres-orientador. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2020

RECUPERACIÓN PROCESO DE MATRICULACIÓN

OLA, QUERIDAS FAMILIAS!!! AGARDO QUE O LEVEDES O MELLOR POSIBLE. ÁNIMOS PARA TODOS, XUNTOS PODEMOS!!!

- Tende optimismo

- Xogade e desfrutade coas vosas crianzas

- Facede exercicio físico, bailade e cantade

- Lograremos saír desta, venceremos nós!!!

A partires deste luns 11 e ata o luns 18 ábrese de novo o proceso de matrícula. O colexio permanecerá aberto para estos asuntos de 9:30 a 14:30 h. Haberá un directivo para atenderos.

Tomade medidas de autoprotección e de protección a saúde de todos importa, sede responsables.

Para o alumnado de 6º de Primaria que se dispón ao tránsito á secundaria, sería importante que conectárades coa web do Instituto Fermín Bouza Brey, noso instituto de referencia ao que estamos adscritos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbouzabrey/ 

E tamén é moi necesario que a cotío naveguedes pola web do noso colexio, na que atoparedes información de interese:


 

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA

Ola a todas e a todos! Agardo que as cousas vaian indo o mellor posible.

Hoxe quero facer unha proposta que pode ser de interese, que naveguedes polo blogue da Profesora de Pedagoxía Terapéutica do IES Castro Alobre da nosa cidade, a quen coñezo moi ben.

Preparou un blogue dirixido especialmente ao seu alumnado, pero nalgunhas cousas pode ser de interese para o alumnado de 6º de Primaria e a selección de vídeos e de textos literarios poden ter interese xeral. 

O enderezo electrónico de dito blogue onde podedes clicar e este:


Saúdos e ata a próxima entrada. E non deixedes de navegar tamén pola web do noso colexio. Ánimo!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO - 23-04-2020

Ola a todos! Agardo que todo vaia indo o mellor posible. Hoxe vou facer algunhas indicacións sobre o día tan especial dedicado a eses amigos únicos e marabillosos como son os libros.

Recomendo que visitedes a páxina web do noso colexio, navegade por ela, alí atoparedes contidos sobre a semana de actividades propostas para conmemorar o Día do Libro.

Coas vosas fillas e cos vosos fillos podedes indagar por que precisamente o día do libro cadra sempre no 23 de abril, cal é a razón?

Quería propoñeros un achegamento a un libro moi coñecido de Miguel de Cervantes Saavedra, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, tamén coñecido como El Quijote.



É un libro para achegarse a él en distintas etapas da vida, a un neno e a un mociño non podes dicirlle que lea o Quixote completo, é unha barbaridade xa que é un libro moi complexo, moi rico e unha persoa moi nova non é capaz de sacarlle todo o zume da riqueza que encerra tan monumental obra.

No Quixote hai un vocabulario moi rico e amplo, con moitos refráns (a maioría deles en boca de Sancho Panza, que representa a realidade fronte ao idealismo de don Quixote), moitas fraxes inxeñosas, moitos xiros idiomáticos, variedade conceptual, alusións ao mundo clásico, á literatura; unha obra moi completa a que hai que achegarse pouco a pouco e en distintos momentos da vida dunha persoa.

Pero, si podemos facer unha primeira aproximación coas nosas crianzas, lendo fragmentos debidamente escollidos.

Aí van algúns:

Por exemplo, o primeiro capítulo onde se describe onde vive e como é o fidalgo pobre, don Quixote. Todos recordamos o comezo da obra, con fondo significado e que se utiliza a xeito de pequeno refrán ou máxima, dirixido con sorna a certos lugares:

"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme..."  

Tamén podemos ler coas nenas e cos nenos o capítulo no que don Quixote confunde aos muíños de vento con ameazadores xigantes.

Ou outro que é moi divertido, o episodio no que D. Quixote é investido como cabaleiro andante, localizado nunha venta, que D. Quixote cre un castelo onde "vela armas" antes de saír de aventuras para "desfacer entuertos".

Investigade coas vosas fillas e cos vosos fillos sobre a tortuosa biografía de Cervantes e pescudade sobre o seu famoso libro, considerado unha das xoias da litertura mundial de todos os tempos, un clásico.

Desfrutade do Día do Libro, achegándovos a Cervantes e ao Quixote.



Ánimo e sorte! 
 

lunes, 23 de marzo de 2020

PRIMAVERA-2020

"La primavera ha venido,
nadie sabe como ha sido"



Na casa podedes falar da primavera, flores e plantas, paxaros, animais, sons, Natureza,...

Que as nenas e os nenos debuxen flores, o arco da vella, unha paisaxe da primavera,...

Que insvestiguen que son os equinocios.

Se queredes ver cada paxaro co seu canto, picade nestes enderezos:





E podemos escoitar, unha vez más a Primavera de A. Vivaldi: