jueves, 15 de enero de 2015

EDUCAR NON PARA UNHA FALSA ILUSIÓN



Certo que un mestre debe gustar en grao sumo da súa profesión e gozar coa aprendizaxe e co coñecemento. Debendo transmitir ese entusiasmo por aprender e descubrir ao seu alumnado e implicando nesa tarefa ás familias.

Hai que educar nunha actitude positiva e feliz cara a vida e ser conscientes de que o centro da educación é o neno. Non obstante, aos nenos hai que preparalos para encaixar as frustracións, que non todo é bonito e agradable, que non todo ten que ser divertido, que hai que saber aburrirse, que as satisfaccións aos desexos non teñen que ser inmediatas, que hai que saber dicirlles non e poñerlles límites, que na vida non todo é fácil e que non todo é ledicia. Que existen momentos e situacións difíciles e complicados, que hai problemas. Que o importante é saber xestionar os problemas, encaralos e buscar solucións. A vida hai que vivila, saber vivila nos momentos doces e nos amargos.

Non hai que evitar temas como a enfermidade, a vellez, a morte, as dificultades económicas. É preciso explicalas con naturalidade, con rigor, con verdade, como compoñentes da natureza e das situacións humanas: eso si, adaptándose á mentalidade e as distintas idades da infancia. Hai que preparalos para os momentos de tristura, de derrota, de fracaso para saber superalos e sobrepoñerse. Temos que facer fortes aos nenos; son nenos pero non parvos. Tan axiña como van medrando van afacéndose a unha idea máis exacta do que é a vida. Emporiso precísase ter unha actitude alegre, optimista, de traballo e superación. Ensinarlles a ser empáticos e solidarios cos demais.

Hoxe na escola coas novas tendencias estamos desenfocando o centro, que repitimos é o alumno. Estámonos a centrar na avaliación, na programación, nos textos. Co ánimo de medir, estámonos olvidando de vivir. De vivir a escola, da convivencia, da cultura, da humanidade. Hai un exceso de maquinismo, de tecnocracia, de excesiva valoración da excelencia e os nenos, seres humanos, non teñen suficiente tempo para conversar cara a cara, para xogar máis cos seus iguais. Hai enormes carencias na expresión oral e escrita, así como na artística e musical, na expresión dos sentimentos, das emocións.

Para min na educación infantil e primaria debera haber menos maquinismo e máis humanidade; os nenos deben falar, xogar, debuxar e colorear, cantar e contar, escribir, ter contactos máis frecuentes co mundo natural, cultural. Maiores espacios para a convivencia familiar, escolar, veciñal. Deberiamos ir desprendéndonos un pouco de tanto móbil, tanto ordenador, tanta wi e máis buxainas, pelotas, bicicletas e triciclos, bonecas e bonecos o máis simples posibles, xogos de construcción tipo mecano, bolas, cordas.

Máis libros, contos, poemas, cancións, adiviñas, lendas, fábulas, trabalinguas, encrucillados, sopas de letras. Paseos polas praias, polas montañas, polos ríos, polas cidades. Camiñar, facer deporte, viaxar. Máis animais de compañía, cans, gatos, paxaros...

En vez de tantas programacións complexas, cunha complicada xerga tecnocrática; programacións curtas do día a día, diarios de clase, de incidencias acompañados dunha boa e axeitada metodoloxía, recursos, técnicas. Temos tantos e bos exemplos na historia da educación, desde as boas prácticas clásicas, pasando por Comenio, polos movementos da Escola Nova, aprendizaxes por proxectos, técnicas Freinet (textos e cálculo vivos), escolas ao aire libre, comunicacións e intercambios entre escolas, mesmo desde o ámbito internacional. Ter ilusión e ganas por construir escola entre todos, entre toda a comunidade escolar. Ten que entrar moito aire libre e moita luz nas escolas, abrir portas e ventás, sair á rúa, aulas abertas. A verdadeira aprendizaxe está na Natureza, nos vellos que teñen a experiencia e leron no libro da vida.

Temos que repensar a escola, a educación, formar ben, valorar e confiar nos mestres para poder alcanzar entre todos unha escola da vida e para a vida.

Eu sempre teño presente as palabras de Charles Chaplin pronunciadas sobre 1940, para tratar de aprender a ser máis humanos, tratar de evitar os perigos dos que nos previña e exclamaba o tenro Charlot naqueles pasados (pero presentes) tempos:


HOMES MÁQUINA, CON CORAZÓNS DE MÁQUINA!

                                                                               Xermán Manoel Torres, orientador.

viernes, 19 de diciembre de 2014

FELICES VACACIÓNS DE NADAL


O venres 19 foi un día memorable no colexio cuns magníficos pases do festival de Nadal, todos os nenos e nenas xunto co profesorado pasamos uns momentos moi ledos e cunha moi positiva convivencia. Agora chega o momento do descanso e do goce familiar, despois deste primeiro trimestre do curso. Descansemos e procuremos a felicidade dos demais co noso sorriso e coa nosa colaboración. Disfrutade dunhas merecidas vacacións. No colexio desexamos que sexan moi boas para todos. Non vos esquecer de acudir ao festival da nosa ANPA O PIÑEIRO.

E que todos voltemos con saúde, coas pilas recargadas para traballar moito a partires do día 8 de xaneiro 2015. Que ese novo ano sexa un gran ano para todos, que non falte o traballo para todas as familias. FELICIDADES PARA TODOS.

martes, 16 de diciembre de 2014

MATEMÁTICAS CREATIVAS CON MATERIAL RECICLADO

Tivemos unha Escola de Nais e Pais moi divertida e activa, coordinada por María Martínez Barcala, xogamos coas matemáticas, pódese aprender xogando, o máis natural nos nenos.

Antes da reportaxe fotográfica a lista dalgúns xogos que se poden consultar na rede:

- WYTOFF

- HUESOS DE NAPIER

- PENTONINOS

- MANKALA

- NYM







APRENDER É DIVERTIDO.
SEMPRE PODEMOS APRENDER.

jueves, 27 de noviembre de 2014

ESCOLA DE PAIS E NAIS - 02-DEC-2014




María Martínez Barcala, nai de alumno e psicóloga clínica, coordinará a próxima Escola de Pais e Nais, que se celebrará na sala de usos múltiples do noso colexio e que levará por título:

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS CON MATERIAL RECICLADO

Tendremos o encontro o

MARTES 2 DE DECEMBRO
A PARTIRES DAS 17:30 H. 

jueves, 16 de octubre de 2014

NAVEGAR POR INTERNET CON SEGURIDADE

Imos facer unha versión ao galego dun artigo moi interesante aparecido no centenario taco de almanaque da Editorial Mensajero, correspondente á folla do 13/10/2014.

Internet debería ser unha actividade familiar, conxunta, colectiva. Nunca é bo deixar a un menor só manexando a rede de redes ou diante do televisor. Os medios de por si non son malos, o que é perxudicial é o mal uso. Todos os aparellos teñen un botón off / on, nós debemos ter o dominio sobre os medios tecnolóxicos, non deixarnos dominar por eles e vivir con novas escravitudes e dependencias.

Navegar por internet co seu fillo ou filla é unha experiencia interesante e divertida. Aproveite para ensinarlle ou orientarlle sobre o uso responsable e seguro da Rede. E que os nenos nos amosen as súas habilidades e destrezas na utilización das novas tecnoloxías. Moitos pais e nais somos da tecnoloxía pasada, a analóxica; eles son da tecnoloxía dixital. Por eso teñen máis avantaxes e nos poden ensinar. Debemos compartir os saberes.

Fixe regras claras sobre o uso de Internet na casa: tempos e momentos de conexión e de desconexión, como faría con calqueira outra actividade.

Ensine ao seu fillo que nunca debe divulgar información privada (nome, apelidos, idade, dirección, código postal, número de teléfono, número de tarxeta de crédito, etc.) entre persoas que teña coñecido en Internet.

Explíquelle que debe abandoar axiña as páxinas web nas que se sinta incómodo e violentado.

Ensínelle a distinguir entre páxinas web dos espacios publicitarios.

Advírtalle que non debe contestar mensaxes de descoñecidos, de contido molesto ou sospeitoso.

Indíquelle que nunca debe aceptar un encontro cunha persoa que teña coñecido en Internet e que debe avisar se alguén intenta organizar un encontro dese tipo.

Se detecta algunha páxina web nociva para menores, denúncieo inmediatamente ás autoridades competentes. (Por exemplo á Policía Nacional ou á Garda Civil).

APRENDER E TER EXPERIENCIAS ENTRE PAIS E FILLOS, CHEGA A SER ALGO INESQUECIBLE. CONVIVAMOS, RELACIONÉMONOS MAIS COS CATIVOS, TAMÉN GOCEMOS XUNTOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

miércoles, 1 de octubre de 2014

INFORMACIÓN CURSO 2014-2015







AGORA A PRINCIPIO DE CURSO, HAI QUE ESTAR ATENTOS ÁS CONVOCATORIAS DAS XUNTANZAS INICIAIS POR PARTE DOS MESTRES TITORES/AS. EN INTERESE DA EDUCACIÓN DOS NOSOS NENOS/AS DEBEMOS ASISTIR.

TODO O QUE SUCEDE NA ESCOLA É DO MÁXIMO INTERESE PARA AS FAMILIAS. 

domingo, 7 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Debuxo enviado polo noso amigo Tito Porto

VÉMONOS O DÍA 10, ÁS 9:30 H.; XA QUE COMEZA O NOVO CURSO, SEREDES TODOS/AS BENVIDOS. OS PROFES ESTAMOS A PREPARAR O NOVO ANO ACADÉMICO.

- Recuperade o novo ritmo, deitádevos cedo.

- Consolidade o pracer de ler e estudiar.

- Dedicade un tempo na casa ao traballo persoal, para ir acostumbrándose a uns hábitos de estudio.

- Dedicade un tempo cos vosos pais para entre todos ler contos, fábulas, poemas, aprender cancións, xogar ás adiviñas, crebalinguas, encrucillados,...

- Ler tamén cómics.

- Ide preparando os libros de texto e material escolar.

- O primeiro día, traede unha libreta e un lapis ou bolígrafo para anotar os horarios e as recomendacións dos mestres/as.

- Practicade exercicio físico, deporte no medio natural, é moi importante o contacto coa natureza.

- E tamén dedicade un tempo ao día para xogar libremente cos vosos iguais e relacionarvos coas vosas amizades.

VÓS SODES MOI IMPORTANTES, SODES ÚNICOS, SENTÍDEVOS ORGULLOSOS DE VOS MESMOS E DAS VOSAS FAMILIAS.

FELIZ RETORNO ÁS AULAS.