domingo, 26 de enero de 2014

NOVAS ACTIVIDADES

O MARTES 28 ÁS 10:20 H., NO SALÓN DE ACTOS, E ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, REALIZARASE UNHA SESIÓN SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDIO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, DITA SESIÓN SERÁ IMPARTIDA POLA EX-ALUMNA: PAULA SERÉN REIJA, LICENCIADA EN DEREITO E NA ACTUALIDADE CURSANDO UN MÁSTER DA ESPECIALIDADE.

Realizada a sesión, foi moi satisfactoria, o alumnado comportouse moi ben e a ponente estivo magnífica. Agardamos que os alumnos e alumnas de 6º de Primaria aproveiten e poñan en práctica o exposto.

 



O MARTES 18 DE FEBREIRO, ÁS 17:30 H., TEREMOS UNHA NOVA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS, BAIXO O EPÍGRAFE:

AXUDAR Á ESCOLA

E DA QUE MÁIS ADIANTE DAREMOS MÁIS DETALLES, AGORA É PARA QUE FAGADES UN OCO NAS AXENDAS.

lunes, 13 de enero de 2014

PACIENCIA E BOS EXEMPLOS




Educar aos nosos nenos e nenas é unha tarefa apaixoante. Os nenos e nenas de hoxe serán os homes e as mulleres do mañá. Deles dependerá o futuro da Humanidade e o futuro do planeta e nós, como educadores, temos moito que ver con ese futuro. Agardemos que sexa un bo futuro. A infancia e a mocedade do hoxe son froito dos maiores do onte.
Aos nenos hai que amalos, valoralos, coñecelos, escoitalos; todo imprescindible para poder educalos.
Algo no que é preciso insistir, é que os nenos necesitan un tempo diario para xogar libremente cos seus iguais. Non lles roubemos o tempo de lecer e o tempo de xogo, son imprescindibles para medrar equilibradamente. O xogo é imprescindible e moi necesario para a educación harmónica e axeitada dos nenos, o xogo é algo natural e necesario nos nenos. Que xoguen cos seus iguais e coa mínima presencia dos adultos, hai excesiva presencia dos adultos na vida dos nenos, que precisan un tempo soltos para poder gozar dos iguais. Aí aprenderán a socializarse, a seguir as normas dos xogos, a autorregularizarse, o xogo libre cos iguais é enormemente educativo. Deixemos que se expandan que gocen da súa nenez. Un neno que xoga é un neno feliz.

jueves, 19 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2014


O PROFESORADO DO CEIP O PIÑEIRIÑO DESÉXALLES UNHAS FELICES VACACIÓNS DE FINAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE, UNHA OPORTUNIDADE PARA A CONVIVENCIA FAMILIAR E VECIÑAL. E QUEREMOS QUE O 2014 SEXA PROPICIO PARA TODOS, QUE ESTE DEMO DE CRISE OU O QUE SEXA QUE SE VAIA AXIÑA E QUE TODO O MUNDO POIDA TER UNHA VIDA DIGNA E CHEA DE OPORTUNIDADES. FELIZ 2014.

jueves, 12 de diciembre de 2013

ACOMPAÑAR NO CRECEMENTO, A MEIOR PREVENCIÓN

 
Polo seu interese vou verquer ao galego un artigo aparecido no taco-calendario do Sagrado Corazón (11/12/2013):

AXUDAR A FACER

Un neno ve a unha bolboreta que se está a desprender con dificultade do seu casulo. Crendo axudala, libéraa delicadamente da súa envoltura. A bolboreta voa, recorre uns metros, mais axiña cae ao chan, morta.
 O pai explica que non se axuda á bolboreta facilitándolle a súa liberación. Ela debe conseguilo por si mesma, reforzando así os músculos das súas ás, que despois lle axudarían a voar.

Á luz deste exemplo, vós, os pais, deixades ao voso fillo ou filla afrontar por si mesmo as súas dificultades e retos, as súas responsabilidades e tarefas? Ou pretendedes facilitarlle as cousas facéndoas no seu lugar?

 A responsabilidade dos pais non é facer as tarefas do fillo, senón axudar a que el as poida facer. É necesario deixarlle cada vez maior responsabilidade para permitirlle desenvolver as competencias necesarias para a súa evolución e o seu crecemento. Parece claro que sempre é máis fácil ordear no seu lugar, lavarlle os dentes para estar seguros de que así quedan ben, atarlle os cordóns dos zapatos, pero, actuando así, el ou ela non aprende a facelo.

Sería un bo exercicio facer unha lista das tarefas que fas por el, substituíndoo a el e despois, sinalar cales podería facer perfectamente el por si mesmo, as que poderías delegar nel.
 
No fagamos do neno ou nena un ser inutilizado, dependente, consentido, mal criado; hai que educar para unha crecente autonomía. Aos nenos gústalles facer as cousas, sentirse útiles, permitamos o seu crecemento autónomo, brindémoslles ricas e variadas experiencias. 

E para previr toxicomanías, dependencias, etc. as claves son convivencia, diálogo, moito diálogo, dedicarlle tempo aos fillos, escoitalos, estar con eles, interesármonos polas súa cousas, dar bos exemplos e ter experiencias gratificantes, positivas e enriquecedoras en familia (gozar xuntos da convivencia familiar, contacto frecuente coa natureza -montaña, praia, animais, viaxes-, asistir a espectáculos e actividades culturais -festas, concertos, teatro, cine, conferencias, romarías, circo,...). Facer todo o posible para ser felices en parella, en familia, boas relacións entre todos, pais/fillos/familiares/veciños.

É moi importante, frecuentar o colexio, ter unha estreita, positiva, construtiva relación cos mestres e participar activamente en todas as actividades do colexio, ser e facer COMUNIDADE EDUCATIVA, os nosos nenos e nenas merécenno.   

viernes, 22 de noviembre de 2013

ESCOLA DE PAIS E NAIS




 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS

                                   Benqueridas familias:

  Temos a ben, polo interese dos nosos nenos/as, convocar unha sesión da Escola de Pais e Nais, que terá lugar o

MARTES 26 DE NOVEMBRO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS

e para tratar o seguinte tema:
Panel sobre prevención de toxicomanías e outras dependencias.

Dita Escola está especialmente dirixida aos pais/nais nun acto aberto a toda a Comunidade Educativa. Estará coordinada por Xermán Manoel Torres, orientador do noso centro e contará coa participación de Ánxeles Bravo, da área de prevención do SPAD de Vilagarcía e de Francisco Fernández, director de Cáritas de Arousa.
Dada a importancia do tema, pregamos a súa asistencia, un cordial saúdo,


Vº e Prace, o director,              O Xefe do Dpto. de Orientación,

Asdo.- Argimiro Serén Mera      Asdo.- Germán M. Torres de Aboal


Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2013

viernes, 15 de noviembre de 2013

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN







CONCRECIÓN ANUAL DE ACTIVIDADES DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
CURSO 2013/2014


  •  Durante todo o curso, o orientador recibirá e atenderá as demandas da comunidade educativa (do alumnado, das familias, do profesorado).

  •       Organizaranse unha Escola de Pais e Nais cada trimestre

           - Panel sobre toxicomanías (outubro)
           - A nenez como oportunidade, como podemos coñecer mellor aos nosos nenos e nenas para
             axudalos a medrar (febreiro).
                - Transición da Primaria a ESO. O instituto. (Coordinada pola orientadora do IES “Fermín Bouza
                    Brey) –xuño-

  •      Visita ao IES “Fermín Bouza Brey” (Alumnado de 6º) -2º tr.-

  •       Obradoiro da Poesía (abril)

  •       Obradoiro do Cómic

  •      Técnicas de Estudo

  •    Colaboración cos pais/nais nos contacontos e outras actividades que poidan xurdir.

  •      Coordinación coa Admón. Educativa e colaboración coas universidades e cos servizos sanitarios e externos.

sábado, 12 de octubre de 2013

AXUDAS

ATA O 15 DESTE MES PÓDENSE SOLICITAR AS AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAIS PARA A EDUCACIÓN INFANTIL.

O COLEXIO TRAMITOU TRECE SOLICITUDES DE AXUDA PARA O ALUMNADO CON NEAE (NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO ESPECÍFICO) CUXO PRAZO REMATOU O PASADO 30/09/2013.

O VINDEIRO MARTES DÍA 15, CELEBRARANSE REUNIÓNS DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR, ENTRE OUTROS IMPORTANTES ASUNTOS, TRATARASE SOBRE A PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL.

MOI PRONTO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POÑERÁ A VENDA A LOTERÍA DE NADAL, QUE AXUDARÁ A FINANCIAR A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA.

Todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado) somos axentes da vida do noso centro, participemos de xeito activo, constructivo e positivo en ben das nosas nenas e dos nosos nenos. Todos construímos o CEIP O PIÑEIRIÑO. O edificio actual do noso centro cumprirá 25 anos o vindeiro 1 de setembro, xa que o edificio empezou a utilizarse o 1 de setembro de 1989.