martes, 23 de junio de 2015
viernes, 19 de junio de 2015
ESCOLA DE PAIS E NAIS - A SECUNDARIA E O IES
UNHA ESCOLA DE PAIS E NAIS ESPECIALMENTE DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º, QUE COORDINARÁ A ORIENTADORA DO IES FERMÍN BOUZA BREY, DNA. LAURA RODRÍGUEZ DÍAZ.
NA IMAXE, A CONVOCATORIA.
martes, 2 de junio de 2015
AXUDAS E FONDO SOLIDARIO PARA LIBROS DE TEXTO
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA OS CURSOS 1º, 2º, 4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PRAZO DE SOLICITUDE: DO 02/06/2015 AO 01/07/2015.
PODE CONSULTARSE NESTE ENLACE O DOG SOBRE ESTE TEMA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.html
________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PRAZO DE SOLICITUDE: DO 02/06/2015 AO 30/06/2015.
PODE CONSULTARSE NESTE ENLACE O DOG SOBRE ESTE TEMA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0002_gl.html
PODE CONSULTARSE NESTE ENLACE O DOG SOBRE ESTE TEMA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.html
________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PRAZO DE SOLICITUDE: DO 02/06/2015 AO 30/06/2015.
PODE CONSULTARSE NESTE ENLACE O DOG SOBRE ESTE TEMA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0002_gl.html
jueves, 30 de abril de 2015
27 E 28 DE MAIO - PROBAS PARA TERCEIRO DE PRIMARIA
O 27
E 28 DE MAIO TERÁ LUGAR A APLICACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA
DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
(DOG,
30/04/2015, pp. 16785-16792)
Para cumprir a
resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o
noso centro disporá todo o necesario para o correcto desenvolvemento de ditas
probas.
As
mesmas terán un “carácter informativo e orientador”. Achegando información
sobre o “grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da
competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe”.
Será
un medio para “achegar información e orientar”. En función dos resultados, cada
centro adoptará “as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso
educativo”.
Achegarase “información ás
familias e á Administración” e
contribuirase “a orientar a toma de decisións e o establecemento de
medidas encamiñadas á mellora educativa”.
sábado, 18 de abril de 2015
OBRADOIROS DO BARRO CON TITO PORTO
O noso amigo, Tito Porto, gran artista no manexo dos versos, da escultura, da pintura,... da vida vai a coordinar dous Obradoiros de Barro, dentro da Unidade Didáctica: OS ZOCOS, para o alumnado de 6º de Educación Primaria e que no seu día tiveran que aprazarse, coa seguinte programación:
- 22/04/2015 de 12:40 h. a 14:30 h. para 6º A
- 29/04/2015 de 12:40 h. a 14:30 h. para 6º B
Tamén Tito confeccionará no colexio unha sorpresa para agasallar á nosa Comunidade Educativa, asunto do que xa daremos conta.
Asimesmo temos previsto que participe un curso máis nos Obradoiros de Poesía que se levarán a cabo co alumnado de 3º de Ed. Primaria.
Grazas a Tito Porto por compartir con todos nós a riqueza da súa longa vida.
APRAZADOS POR INDISPOSICIÓN DE TITO, AGARDAMOS RECUPERAR AXIÑA ESTA ACTIVIDADE.
lunes, 23 de febrero de 2015
VACANTES NO CEIP O PIÑEIRIÑO - 2015-2016
Na foto de Iñaki Abella de Faro de Vigo-Arousa, un grupo do alumnado de 5 anos na cociña da Aula de Igualdade.
RELACIÓN DE VACANTES NO NOSO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO:
PRAZAS
VACANTES PARA O CURSO 2015/2016
ALUMNOS E ALUMNAS
|
|||||||||
EDUCACIÓN INFANTIL
|
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
||||||||
4º
|
5º
|
6º
|
1º
|
2º
|
3º
|
4º
|
5º
|
6º
|
|
44
|
29
|
12
|
5
|
3
|
2
|
8
|
9
|
6
|
|
DO 2 AO 23 DE MARZO: PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN, debendo presentar a seguinte documentación: Certificado de empadronamento, DNI, Libro de familia.
DO 20 AO 30 DE XUÑO: CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA, debendo aportar 3 fotografías tamaño carnet, certificado de vacunación, copia tarxeta sanitaria.
HORARIO DE SECRETARÍA: De 12:40 h. a 14:00 h.
domingo, 8 de febrero de 2015
XESÚS ALONSO MONTERO, PRESIDENTE DA RAG, VISITA O NOSO COLEXIO
XESÚS ALONSO MONTERO, PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA, TEN PREVISTO VISITAR O COLEXIO O PIÑEIRIÑO O PRÓXIMO MARTES DÍA 10, A PARTIRES DAS 11:00 H., PARA MANTER UN ENCONTRO FORMATIVO CO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
DITO ALUMNADO, BAIXO A COORDINACIÓN DAS SÚAS MESTRAS TITORAS, ESTIVO A TRABALLAR SOBRE A BIOGRAFÍA E A OBRA DUN GRAN E POPULAR ESCRITOR GALEGO, XOSÉ NEIRA VILAS. DETÉNDOSE ESPECIALMENTE, MEDIANTE FRAGMENTOS ESCOLLIDOS, NA OBRA, Memorias dun neno labrego. PRECISAMENTE, D. XESÚS FALARÁ CON ELES SOBRE ESTO.
O ACTO DESENVOLVERASE NA SALA DE USOS MÚLTIPLES CO SEGUINTE GUIÓN:
- Presentación e acollida por parte do noso director, Argimiro Serén Mera, quen foi nos seus anos mozos no Instituto de Lugo, alumno do Sr. Alonso Montero, de quen garda unha grata lembranza.
- Actuación do Coro da Aula de 3º A, que interpretará as seguintes cantigas:
- Galicia, de Manuel María e Suso Vaamonde
- Na beira, na beira do mar, popular
- Miña nai, popular
- No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro e Luís E. Batallán
- Conferencia de Xesús Alonso Montero, Xosé Neira Vilas e os nenos
- Firma no libro de visitas e agasallos.
O acto foi todo un éxito, moi gratificante para cantos participamos nel, o alumnado de 3º A estivo magnífico, moi bo comportamento e cantaron moi ben, con moita alegría. O alumnado de 6º cun comportamento exemplar, moi receptivos, moi atentos e educados. Incluso houbo un alumno que se emocionou coas palabras extraordinarias de D. Xesús, quen tamén chegou a conmover a algunha profesora. O acto pagou a pena e constituiuse en algo inesquecible.
O señor Alonso Montero, aínda que estaba moi preocupado por elo, chegou perfectamente a alma infantil, el que está acostumado a falar para outos niveis académicos e universitarios soubo achegarse e adaptarse ao público infantil. E o reflectíu ao falar de Balbino, un neno labrego, un ninguén e do autor, Xosé Neira Vilas, que será ou non será o trasunto de Balbino. Neira tan tenro, tan próximo, lembramos a visita que fixemos sobre o ano 1996, o alumnado da segunda etapa de E.X.B. acompañados polos profesores do centro, Josefa Vázquez Castro e Xermán M. Torres, a aldea de Gres en Vila de Cruces para facerlle unha visita na súa casa a Xosé Neira Vilas e a súa lembrada muller, a tamén escritora Anisia Miranda. Lembramos con ledicia o seu recebemento e a súa acollida, con tanto agarimo. D. Xesús explicounos moi ben as características dos nenos do libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO (que se alguén aínda non o leu, que corra, pida no centro un exemplar, que temos moitos, ou mellor, se pode, que merque un e que se poña a ler, gozará coa súa lectura). Falou don Xesús da riqueza e da pobreza, do neno dos amos, Manolito; do neno dos caseiros, Balbino. Dicía, Alonso Montero, que un non pode escoller a familia onde nace, que un non ten culpa de ser pobre, que non hai que avergoñarse por ser pobre. Hai que loitar contra das inxustizas e eso fai Balbino cando lanza a súa pedrada cara Manolito, que se estaba a burlar del. O libro e Neira Vilas son extraordinarios, e Neira ten moitos libros e moi bos, mans a obra, bibliotecas e librerías ao canto e a ler. Dámoslle as grazas a D. Xesús Alonso Montero por ter vido ao noso colexio, estamos moi contentos e satisfeitos por telo acollido, esta é a súa casa.
Ofrecemos agora, as reseñas xornalísticas de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, aos que amosamos o noso agradecemento por divulgar esta boa nova, que o foi de verdade para todos nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






