lunes, 17 de junio de 2013
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO - 2013-2014
NAS DÚAS IMAXES DESTA ENTRADA PODEMOS VER E OBTER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO DO NOSO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2013/2014.
miércoles, 12 de junio de 2013
CONTACONTOS DOS PAIS E NAIS
Un grupo de pais e nais están a representar dous contos deseñados e preparados por eles mesmos e que os van a ofrecer a todo o alumnado do noso colexio. Un dos contos dedicado para os máis pequenos, tratará sobre a amizade o outro, para os alumnos e alumnas de máis idade, tentará desmitificar aos superheroes do cómic, das películas e das series famosas de TV; veremos como caen do seu pedestal SUPERMAN, WATMAN, SPIDERMAN,... Que quedará de todos eles?
A PROGRAMACIÓN SERÁ DESTE XEITO (representarase sempre no Salón de Actos do colexio):
- MARTES, 11 DE XUÑO - 13:00 h.: "Os ami@s misteriosos do Lago de Vilagarcía". Para Educación Infantil (3-5 anos).
- XOVES, 13 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
- VENRES, 14 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
COA AMIZADE E ESTES SUPERHEROES DE CARTÓN PEDRA A VER ONDE NOS METEMOS... SEGURO QUE O PASAREMOS MOI BEN!
GRAZAS E PARABÉNS A ESTE GRUPO DE PAIS E NAIS QUE FAN QUE PASEMOS UNS INTRES DE LEDA DIVERSIÓN.
ARRIBA O PANO!!!
A PROGRAMACIÓN SERÁ DESTE XEITO (representarase sempre no Salón de Actos do colexio):
- MARTES, 11 DE XUÑO - 13:00 h.: "Os ami@s misteriosos do Lago de Vilagarcía". Para Educación Infantil (3-5 anos).
- XOVES, 13 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
- VENRES, 14 DE XUÑO - 13:00 h.: "Superheroes, tamén nas cousiñas importantes" - Para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
COA AMIZADE E ESTES SUPERHEROES DE CARTÓN PEDRA A VER ONDE NOS METEMOS... SEGURO QUE O PASAREMOS MOI BEN!
GRAZAS E PARABÉNS A ESTE GRUPO DE PAIS E NAIS QUE FAN QUE PASEMOS UNS INTRES DE LEDA DIVERSIÓN.
ARRIBA O PANO!!!
viernes, 7 de junio de 2013
ESCOLA DE PAIS E NAIS
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS
MARTES, 11 DE XUÑO DE 2013, ÁS 17:30
H. NO SALÓN DE ACTOS
O PASO DA EDUCACIÓN PRIMARIA Á EDUCACIÓN SECUNDARIA.
O IES “FERMÍN BOUZA BREY”.
Dita escola
estará coordinada por Dna. Laura Rodríguez
Díaz, orientadora do Instituto.
lunes, 3 de junio de 2013
AXUDA SOLIDARIA
Moi estimados pais e nais:
Permitímonos
comunicarlles que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición
de libros de texto e material escolar dentro do programa AXUDA SOLIDARIA da
Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de
Galicia (ORDE do 30 de maio de 2013 –DOG do 31 de maio-).
- Entrega de solicitudes do 3 de xuño ao 3 de xullo.
- Recollida de vales do 24 de xuño ao 3 de xullo.
- HORARIO: De
luns a venres de 12:30 h. a 13:45 h.
Atte.- A
Dirección
Vilagarcía de
Arousa, 3 de xuño de 2013
miércoles, 15 de mayo de 2013
EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA: "HOUBO NUN TEMPO..."
CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTÁN DEDICADAS AO DRAMATURGO, ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DESENVOLVÉRONSE VARIAS ACTIVIDADES NO NOSO COLEXIO. LOGO DUNHAS ACTIVIDADES SOBRE A NOSA POETISA, ROSALÍA DE CASTRO, XURDEU UNHA EXPOSICIÓN DE MATERIAIS E OBXECTOS ANTIGOS, QUE ESTÁ MOI INTERESANTE.
PODEDES VISITAR ESTA EXPOSICIÓN EN FAMILIA. ESTÁ SITUADA NA PRIMEIRA PLANTA. E NO SEGUINTE HORARIO:
OS MARTES DE 16:30 H. A 17:30 H.
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NO 150
ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE “CANTARES GALEGOS”
O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, por iso dende o equipo
de biblioteca propúsoxe traballar sobre esta autora e a súa obra. O proxecto inicióuse partindo dun dos
seus poemas máis coñecidos: “Adios ríos; adios fontes”
Adiós, ríos;
adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
…
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
…
Utilizando a biblioteca como lugar de
investigación e aproveitando os recursos dos que dispón: enciclopedias, libros
escritos pola autora, libros de biografías e de historia e as novas
tecnoloxías; afondamos na biografía e obra da autora universal. Partimos dunhas
cuestións claves ás que cumpría darlles resposta: que queremos? que queremos
saber? que aprendemos coas nosas investigacións? E onde atopamos a información?
Os traballos de investigación de cada
clase quedaron recollidos en murais que se
colocaron en distintos corredores-
O día 22 de marzo reunímonos todos,
profes e alumnos, para agasallarnos coa interpretación de poemas musicados da
autora.
Ademais sentímonos interesados pola
época histórica na que viviu Rosalía e decidimos ampliar este proxecto investigando cómo era a vida nesa época.
Esto levóunos a organizar unha exposición de obxectos antigos, que foi
posible gracias á colaboración da comunidade educativa. A exposición atópase no
primeiro andar co título “HOUBO NUN
TEMPO…” Está aberta á visita das familias os martes, de 16:30 a 17:30.
O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO.
O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO.
miércoles, 8 de mayo de 2013
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2013-2014
TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS E NON FOI PRECISO RECURRIR Á BAREMACIÓN.
Do 20 ao 30 de xuño de 2013 será o período destinado á matrícula, atenderase en horario de 12:30 h. a 13:45 h.
NAS IMAXES DESTA ENTRADA ESTÁN A COPIA DAS LISTAS DO ALUMNADO ADMITIDO.
lunes, 29 de abril de 2013
QUE ENTENDEMOS POR DISLEXIA?
- nTrátase dun trastorno no proceso da lectoescritura
- nOs disléxicos teñen un funcionamento cerebral un tanto distinto e peculiar
- nPara a correcta diagnose tense que ter completado o proceso da lectoescritura, por eso o momento máis axeitado é despois de ter completado o 1º Ciclo de Educación Primaria.
- Debe participar na diagnose un equipo multidisciplinar e coa participación médica
DEFINICIÓN:
n“La dislexia es una dificultad específica y persistente del lenguaje escrito, que tiende a manifestarse con mayor ímpetu al inicio del aprendizaje de la lectura y escritura. Es una dificultad congénita, con una base neurológica y que tiende a presentarse en varios miembros de una misma familia”. (Paula OUTÓN).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




