Quero cantar con todos vós de novo GALICIA, o fermoso poema de Manuel María musicado polo lembrado músico galego Suso Vaamonde, o grande Suso!
Tantas veces a cantei cos meus queridos e sempre lembrados ex-alumnos! Tantas veces a cantei no meu queridísimo colexio O Piñeiriño! Que fermosas e nostálxicas lembranzas! Cantémola outra vez, ve-la aí vos vai! Por todas as veces que a desfrutamos xuntos. Cantádea de novo comigo. Desfrutemos da nosa querida Galicia! Aí a tedes:
Topei no taco-calendario do Corazón de Jesús na data do 15/12/2023, as seguintes máximas que quero compartir:
Un mestre é unha buxola que activa os imáns da curiosidade, do coñecemento e da sabiduría no seu alumnado. (Ever Garrisson)
A tarefa do educador moderno non é talar selvas, senón regar desertos. (C.S. Lewis)
Un sistema escolar que non teña aos pais como base é igual que un caldeiro cun burato no fondo. (Jesse Jackson)
Os prexuízos, é ben sabido, son máis difíciles de erradicar do corazón cuxo chan nunca foi afloxado ou abonado pola educación: crecen alí, firmes como malas herbas entre as pedras. (Charlotte Brontë)
A educación é unha cuestión de construción de pontes. (Ralph Ellison)
O ensino que deixa pegada non é o que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón. (Howard G. Hendricks)
En cuestións de cultura e de saber, só se perde o que se garda; só se gaña o que se da. (Antonio Machado)
E nestas Festas quero subliñar que na canción de J.L. Perales QUE CANTEN LOS NIÑOS eu destácoa como lembranza chea de dor, de impotencia e de xenreira por todas as crianzas víctimas de maltrato, de abusos e por todas as que perderon prematura e absurdamente as súas vidas en conflitos e en guerras sen sentido e promovidas por razóns económicas, xeopolíticas e xeoestratéxicas. Se verdadeiramente foramos SAPIENS en pleno século XXI, século da IA; pero, non da intelixencia humana, deberan ter fin todas as guerras, todas absurdas e sen sentido.
Por humanidade, que se poña fin a esta barbarie das guerras.
Por todas as nenas e por todos os nenos que nos cinco continentes son víctimas da violencia e da guerra.
E neste Nadal é preciso unha panxoliña solidaria, que pida unha trégua, o fin de todo conflito armado, como canta o grupo francés LES POPPYS: