sábado, 25 de agosto de 2012

AXUDAS MUNICIPAIS PARA INFANTIL

DO 1 AO 30 DE SETEMBRO PÓDENSE SOLICITAR AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR, DESTINADAS A EDUCACIÓN INFANTIL, NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

A CUANTÍA DA AXUDA PARA AS FAMILIAS NECESITADAS SERÁ DE 50 €.

A ENTREGA DA SOLICITUDE E DA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA EFECTUARASE NO REXISTRO DE ENTRADA DO CONCELLO NO PRAZO INDICADO.

miércoles, 15 de agosto de 2012

BECAS


No BOE do 9 de agosto convocadas as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2012-13.

A Xefatura Territorial enviou aos centros escolares as directrices da convocatoria  e documentación.

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES NO CENTRO ESCOLAR REMATA O 25 DE SETEMBRO.






miércoles, 1 de agosto de 2012

ESCOLAS DE PAIS E NAIS


As familias son un elemento esencial na escola; por eso, debe haber un contacto permanente e fluído entre o Colexio e a Casa.


 Tódolos cursos soe haber, alomenos, tres Escolas de Pais e Nais, unha por trimestre, a do terceiro correspóndelle coordinala á orientadora do Instituto, quen informa sobre A TRANSICIÓN DA PRIMARIA Á ESO. O INSTITUTO “FERMÍN BOUZA BREY”.

 No tempo da existencia do departamento, estas foron as temáticas tratadas nas múltiples escolas celebradas ata o de agora:

1.- 04/12/2000: A que xogan os nosos fillos? Por Xermán Torres, orientador.

2.- 07/02/2001: Como evita-las drogas? Por Ángeles Bravo, psicóloga do SPAD de Vilagarcía de Arousa.

3.- 14/03/2001: A violencia. Un enfoque educativo e social para a súa prevención. Por Delia González, educadora de familia do Concello de Vilagarcía de Arousa.

4.- 30/05/2001: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO? Que cambios se producen neles? Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

5.- 10/12/2001: A disciplina dende a perspectiva da intelixencia emocional (I). Por María Martínez Barcala, psicóloga.
6.- 25/02/2002: A disciplina dende a perspectiva da intelexencia emocional (II). Por María Martínez Barcala, psicóloga.

7.- 14/05/2002: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO. Que cambios se producen neles? Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora IES.

8.- 05/11/2002: O Sistema Educativo actual. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora IES “Fermín Bouza Brey”.

9.- 26/11/2002: No CEIP “A ESCARDIA”, organizada polo noso Dpto.: O Sistema Educativo actual e a motivación e a autoestima do alumnado. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

10.- 04/02/2003: A autoestima e a motivación do alumnado. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

11.- 11/03/2003: Na aula de informática do CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Os nenos e as nenas ante INTERNET. Por María Martínez Barcala, psicóloga.

12.- 12/03/2003: O mesmo tema e poñente na aula de informática do CEIP “A ESCARDIA”.

13.- 09/03/2004: Reunión cos pais e coas nais de Educación Infantil da Escola Ponte Coruxo-Cornazo. Por Mirella Cajaraville Dapena, mestra-directora da Escola Ponte, Delia González, educadora de familia do Concello de Vilagarcía e Germán Manuel Torres de Aboal, orientador.
14.- 27/04/2004: Promoción e Animación da lectura. Por Agustín Fernández Paz, escritor e profesor.

15.- 25/05/2004: No CEIP “A ESCARDIA”: Como son as nosas fillas e os nosos fillos cando acceden á ESO. Información sobre o Instituto “Castro Alobre”. Por José Otero, orientador.

16.- 15/06/2004: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Información sobre o Sistema Educativo. Información sobre o Instituto. Por María del Carmen Ares Casal, orientadora.

17.- 21/12/2004: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Como estudiar na casa. Tarefas para levar á casa? Por Germán Manuel Torres de Aboal, orientador.

18.- 01/02/2005: O mesmo tema e o mesmo poñente no CEIP “A ESCARDIA”.

19.- 24/05/2005: No CEIP “A ESCARDIA”: Como son os mozos e as mozas que acceden á ESO. O IES “Castro Alobre”. Por José Otero, orientador do IES “Castro Alobre”.

20.- 31/05/2005: Características das ensinanzas da ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

21.- 05/12/2005: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Escola e familia. Por Carmelo Vidaurre, educador e psicólogo.

22.- 21/03/2006: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Prevención de drogodependencias. Por persoal do SPAD do Concello de Vilagarcía de Arousa.

23.- 18/04/2006: No CEIP “A ESCARDIA”: Mesmo tema e poñentes.

24.- 23/05/2006: Información sobre os Sistema Educativo e o IES. Por Mª del Carmen Ares Casal, orientadora.

25.- 30/05/2006: No CEIP “A ESCARDIA”:  Como son os nosos fillos/as cando acceden á ESO. Información sobre o IES e o Sistema Educativo. Por José Otero, orientador.

26.- 14/11/2006: No CEIP “O PIÑEIRIÑO”: Charla e presentación do libro: Sin drogas se vive mejor, de Carmelo Vidaurre, educador, psicólogo e escritor.

27.- 13/03/2007: A Igualdade. Por Julia Quintela, Ana Álvarez, Matilde Dieste, mestras responsables do Proxecto da Igualdade do CEIP “O PIÑEIRIÑO”, premiado polo Concello de Vilagarcía de Arousa, e Germán M. Torres, orientador.

28.- 27/05/2008: A Educación Secundaria Obrigatoria. O IES “Fermín Bouza Brey”, programas, horarios, oferta de estudos,... Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora do IES “Fermín Bouza Brey”.

29.- 19/05/2009: Mesmo tema e poñente.

30.- 15/03/2010: Alimentación saudable. Por Mª Elena Domínguez Rodríguez, coordinadora do FCT do Departamento de Sanidade do IES “Castro Alobre”.

31.- 10/06/2010: Paso da Primaria á ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora.

32.- 01/02/2011: A importancia da actividade física e deportiva na infancia. Por Julio Torrado Quintela, Dr. en Psicoloxía.

33.- 15/11/2011: A tal pai/nai, tal fillo/a. Predicar co exemplo. Por Xermán Torres, orientador.

34.- 20/12/2011: Información sobre os resultados da proba de diagnóstico – 2010/2011. Información sobre o CONTRATO-PROGRAMA e para formar os grupos de PROA. Por Román Tajuelo, xefe de estudos e coordinador de PROA e Xermán Torres, orientador.

35.- 13/01/2012: Descanso e sono na infancia, a súa repercusión no rendemento académico. Pola Dra. Mª Elena Domínguez Rodríguez, coordinadora do FCT do Dpto. de Sanidade do IES “Castro Alobre”.

36.- 12/06/2012: Paso da Primaria á ESO. O IES “Fermín Bouza Brey”. Por Laura Rodríguez Díaz, orientadora.

Libros, camiños e días dan ao home sabiduría.
                                               PROVERBIO ÁRABE


                                         CEIP “O PIÑEIRIÑO” – R/ Adolfo Pedrido Morla, 1
                                           36600 Vilagarcía de Arousa – Tlfno.: 986 50 43 66
                                           Fax.: 986 199 448












domingo, 29 de julio de 2012

AVISO


Diante da subida do IVE, para o vindeiro 1 de setembro de 2012, do material de uso escolar, que vai pasar do 4% ao 21%, sería recomendable adiantar a compra de dito material antes do aumento de dito imposto. Non obstante, sería axeitado consultar coas librerías e non mercar compulsiva e esaxeradamente.

A porcentaxe para libros escolares mantense no 4%

martes, 24 de julio de 2012

COMENZA UNHA ANDAINA

Co fin de ser un vehículo de comunicación e información coa comunidade educativa iniciamos esta bitácora do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do CEIP O PIÑEIRIÑO  de Vilagarcía de Arousa - Cód.: 36015652 - http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino



O Departamento de Orientación iniciou a súa andaina oficial o 1 de setembro de 2000, tivemos ao longo deste tempo, ademais do centro base, dous centros adscritos o CEIP A ESCARDIA e o CEIP ESCOLA PONTE DE XITANOS de Cornazo; pero eso xa é historia, hoxe o ámbito de actuación e o colexio público O PIÑEIRIÑO da capital arousana. Ademais das funcións típicas e ordinarias dun departamento de orientación creamos unha ESCOLA DE PAIS E NAIS, que leva bastantes anos en funcionamento, participamos activamente nun programa de ATENCIÓN Á LECTURA, que está integrado no CONTRATO-PROGRAMA, que o noso centro mantén coa CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA da XUNTA DE GALICIA, colaboramos moi estreitamente coa nosa BIBLIOTECA ESCOLAR, que está inmersa no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, dende o segundo ano de funcionamento de dito plan, en moitas actividades de promoción e dinamización lectora. Mantemos unha magnífica relación coa ANPA O PIÑEIRO do noso colexio, o curso pasado levamos adiante, colaborando cos pais e nais, unha interesante experiencia de contacontos para todo o noso alumnado. O vindeiro curso todo o colexio estará moi atarefado pola nosa entrada no Proxecto Abalar da nosa Consellería. Creamos unha gaceta informativa para contactar coas familias e co alumnado e que chamamos RECHOUCHÍOS.

O Xefe do Departamento foi durante máis dun lustro coordinador do SEMINARIO PERMANENTE dos Orientadores de Educación Infantil e Educación Primaria da zona educativa de Vilagarcía de Arousa, tamén formou parte do Consello Escolar do Concello de Vilagarcía de Arousa, e pertenceu a comisión sobre absentismo escolar, en novembro de 2010, participou na cidade de Sevilla no II CONGRESO SOBRE ÉXITO ESCOLAR E AUTONOMÍA DE CENTROS, organizado polo Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas.

Existe unha colaboración moi axeitada entre este Departamento e o Departamento de Orientación do IES "Fermín Bouza Brey" da nosa cidade e ao que estamos adcritos. Coordinada por ambos departamentos o noso alumnado de 6º de Educación Primaria fai unha visita informativa e formativa a dito instituto, xeralmente no 2º trimestre de cada ano académico. A orientadora do instituto coordina no noso centro unha escola de pais e nais, dirixida ás familias do alumnado de sexto curso de Primaria para informar sobre a transición da Primaria á ESO e ofrecer información sobre o instituto ao que se incorporarán unha grande maioría do alumnado. Nos últimos cursos acompaña á orientadora o director do instituto, o que coidamos é algo importante e que complementa a información que ofrece a orientadora. Ésta e a profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica do instituto manteñen reunións de coordinación co profesorado titor e co profesorado especialista de 6º de Primaria do noso colexio. A colaboración entre o colexio de Primaria e o instituto pensamos que é de vital importancia. Dende o departamento sempre traballamos pola coordinación, colaboración e intercambio de ideas entre o colexio e o instituto.

Os orientadores e orientadoras de Educación Infantil e de Educación Primaria dos colexios públicos de Vilagarcía de Arousa sempre estivemos moi unidos, traballando xuntos e aprendendo xuntos; así como intercambiando información e materiais, tamén se uníu ao grupo a orientadora de Colexio de Educación Especial, que coidamos de sumo interese. Por distintos motivos, ultimamente non tivemos a oportunidade de facer ese traballo conxunto que tan beneficioso é. A inspección e a Administración Educativa, como noutrora, debera facilitar e promover esta coordinación entre os orientadores/as da nosa zona educativa.

O Departamento ten colaborado en distintas cuestións coa Facultade de Psicoloxía da USC e coa Facultade de Educación do Campus de Ourense e Pontevedra da U-Vigo.

BENVIDOS TODOS A ESTA FIESTRA ABERTA Á ORIENTACIÓN EDUCATIVA.