lunes, 3 de junio de 2013

AXUDA SOLIDARIA



Moi estimados pais e nais:

Permitímonos comunicarlles que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dentro do programa AXUDA SOLIDARIA da Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (ORDE do 30 de maio de 2013 –DOG do 31 de maio-).

- Entrega de solicitudes do 3 de xuño ao 3 de xullo.

- Recollida de vales do 24 de xuño ao 3 de xullo. 

- HORARIO: De luns a venres de 12:30 h. a 13:45 h.

Atte.- A Dirección

Vilagarcía de Arousa, 3 de xuño de 2013

miércoles, 15 de mayo de 2013

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA: "HOUBO NUN TEMPO..."


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTÁN DEDICADAS AO DRAMATURGO, ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DESENVOLVÉRONSE VARIAS ACTIVIDADES NO NOSO COLEXIO. LOGO DUNHAS ACTIVIDADES SOBRE A NOSA POETISA, ROSALÍA DE CASTRO, XURDEU UNHA EXPOSICIÓN DE MATERIAIS E OBXECTOS ANTIGOS, QUE ESTÁ MOI INTERESANTE.

PODEDES VISITAR ESTA EXPOSICIÓN EN FAMILIA. ESTÁ SITUADA NA PRIMEIRA PLANTA. E NO SEGUINTE HORARIO:

OS MARTES DE 16:30 H. A 17:30 H.




PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NO 150 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE “CANTARES GALEGOS”
O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, por iso dende o equipo de biblioteca propúsoxe traballar sobre esta autora e a súa obra. O proxecto inicióuse partindo dun dos seus poemas máis coñecidos: “Adios ríos; adios fontes”
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Utilizando a biblioteca como lugar de investigación e aproveitando os recursos dos que dispón: enciclopedias, libros escritos pola autora, libros de biografías e de historia e as novas tecnoloxías; afondamos na biografía e obra da autora universal. Partimos dunhas cuestións claves ás que cumpría darlles resposta: que queremos? que queremos saber? que aprendemos coas nosas investigacións? E onde atopamos a información?
Os traballos de investigación de cada  clase quedaron recollidos en murais que se colocaron en distintos corredores-
O día 22 de marzo reunímonos todos, profes e alumnos, para agasallarnos coa interpretación de poemas musicados da autora.
Ademais sentímonos interesados pola época histórica na que viviu Rosalía e decidimos ampliar este proxecto  investigando cómo era a vida nesa época.
Esto levóunos a organizar unha exposición de obxectos antigos, que foi posible gracias á colaboración da comunidade educativa. A exposición atópase no primeiro andar co título “HOUBO NUN TEMPO…” Está aberta á visita das familias os martes, de 16:30 a 17:30.

O 1º e 2º CICLOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITARÁN A CASA DA MATANZA EN PADRÓN, ONDE FINOU ROSALÍA DE CASTRO. 

 
 

miércoles, 8 de mayo de 2013

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2013-2014













TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS E NON FOI PRECISO RECURRIR Á BAREMACIÓN.

Do 20 ao 30 de xuño de 2013 será o período destinado á matrícula, atenderase en horario de 12:30 h. a 13:45 h.

NAS IMAXES DESTA ENTRADA ESTÁN A COPIA DAS LISTAS DO ALUMNADO ADMITIDO. 

lunes, 29 de abril de 2013

QUE ENTENDEMOS POR DISLEXIA?



  • nTrátase dun trastorno no proceso da lectoescritura
  • nOs disléxicos teñen un funcionamento cerebral un tanto distinto e peculiar
  • nPara a correcta diagnose tense que ter completado o proceso da lectoescritura, por eso o momento máis axeitado é despois de ter completado o 1º Ciclo de Educación Primaria.  
  • Debe participar na diagnose un equipo multidisciplinar e coa participación médica 
 
DEFINICIÓN: 

n“La dislexia es una dificultad específica y persistente del lenguaje escrito, que tiende a manifestarse con mayor ímpetu al inicio del aprendizaje de la lectura y escritura. Es una dificultad congénita, con una base neurológica y que tiende a presentarse en varios miembros de una misma familia”. (Paula OUTÓN).

viernes, 15 de marzo de 2013

PRAZO RESERVA DE PRAZA E MATRÍCULA

Coidamos de interese a seguinte información para a nosa Comunidade Educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO:




 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO – RESERVA DE PRAZA

 PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2013/2014

                                      EDUCACIÓN INFANTIL
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
TOTAL
44
16
8
67


                                 EDUCACIÓN PRIMARIA



TOTAL



1



7
5
2
3
12
30





INFORMACIÓNS DE INTERESE

  1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.


Ø      Reserva de praza no centro de orixe: 18-22 de marzo.
Ø      Data de sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.
Ø      Presentación da solicitude de admisión: 5-17 de abril.
Ø      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril-3 de maio.
Ø      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: até o 10 de maio.
Ø      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio.
Ø      Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
Ø      Área de influencia:      
-          Urbanización do Piñeiriño
-          Piñeiro
-          Vilaboa
-          Figueirido
-          Fontecarmoa (compartida coa Com. Educativa da Lomba)
-          O Castriño (dende o edificio Guernica cara Vilaxoán)
-   Parroquia de Sobradelo, dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilagarcía.

Ø      Servizos complementarios ofrecidos polo centro: Transporte.

NA OFERTA DE 3 ANOS (4º DE ED. INFANTIL) E EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, HAI UNHA RESERVA DE 6 PRAZAS EN CADA CURSO (6 PARA 3 ANOS E 6 PARA 1º- TRES POR GRUPO, A/B-) PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS DE APOIO.

O HORARIO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN É DE LUNS A VENRES DE 12:30 H. A 13:45 H. 










viernes, 8 de marzo de 2013

SEGUNDA ESCOLA DE PAIS E NAIS DESTE CURSO



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CONVOCATORIA DE ESCOLA DE PAIS E NAIS
MARTES 12 DE MARZO DE 2013, ÁS 17:30 H. NO SALÓN DE ACTOS
Educar en tempos revoltos, unha educación para o optimismo, a alegría e a esperanza
Tamén dedicaremos un tempo para aclaracións sobre os seguintes asuntos:
- ¿Que é a dislexia?
- O neno perezoso
Dita escola estará coordinada por D. Germán Manuel Torres de Aboal, orientador do noso centro.

viernes, 8 de febrero de 2013

DISFRUTAR CON DON CARNAL










HOXE, 08/02/2013, DESPOIS DA FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO, COMEZARÁ UN PEQUENO TEMPO VACACIONAL; REGRESAREMOS ÁS CLASES O XOVES 14.

UN TEMPO MAGNÍFICO PARA O DESCANSO E A CONVIVENCIA FAMILIAR.

XUNTOS, EN FAMILIA, DISFRUTAR DAS COMPARSAS, DOS DESFILES E DAS FESTAS DO ENTROIDO.

AS CONVERSAS, AS LONGAS SOBREMESAS, A PARTICIPACIÓN NAS FESTAS, O COMPARTIR MOMENTOS DE DIVERSIÓN E DE LEDICIA XUNTOS É UNHA BOA TERAPIA NESTOS TEMPOS DIFÍCILES.

CARGUEMOS TODOS AS PILAS PARA CONTINUAR DE XEITO FAVORABLE O QUE QUEDA DE CURSO.

Dende o cole, feliz Entroido para todos.