Mostrando entradas con la etiqueta Reserva de praza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reserva de praza. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de marzo de 2013

PRAZO RESERVA DE PRAZA E MATRÍCULA

Coidamos de interese a seguinte información para a nosa Comunidade Educativa do CEIP O PIÑEIRIÑO:




 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO – RESERVA DE PRAZA

 PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2013/2014

                                      EDUCACIÓN INFANTIL
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
TOTAL
44
16
8
67


                                 EDUCACIÓN PRIMARIA
1º



2º
3º
4º
5º
6º
TOTAL



1



7
5
2
3
12
30





INFORMACIÓNS DE INTERESE

  1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.


Ø      Reserva de praza no centro de orixe: 18-22 de marzo.
Ø      Data de sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.
Ø      Presentación da solicitude de admisión: 5-17 de abril.
Ø      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril-3 de maio.
Ø      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: até o 10 de maio.
Ø      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio.
Ø      Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
Ø      Área de influencia:      
-          Urbanización do Piñeiriño
-          Piñeiro
-          Vilaboa
-          Figueirido
-          Fontecarmoa (compartida coa Com. Educativa da Lomba)
-          O Castriño (dende o edificio Guernica cara Vilaxoán)
-   Parroquia de Sobradelo, dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilagarcía.

Ø      Servizos complementarios ofrecidos polo centro: Transporte.

NA OFERTA DE 3 ANOS (4º DE ED. INFANTIL) E EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, HAI UNHA RESERVA DE 6 PRAZAS EN CADA CURSO (6 PARA 3 ANOS E 6 PARA 1º- TRES POR GRUPO, A/B-) PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS DE APOIO.

O HORARIO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN É DE LUNS A VENRES DE 12:30 H. A 13:45 H.